A contorna do cabo Ortegal presenta altos niveis naturais de níquel e cromo segundo os estudos do grupo de Bioxeoquímica Mariña do IIM-CSIC. Ricardo Prego cóntanos como este coñecemento pode axudar á xestión ambiental e sanitaria.
O investimento mais importante que se debe facer en ciencia é na xente e nos novos científicos
Claude Cohen-Tannoudji
Dávila facendo medicións nun lago xeado (foto Dale Andersen)
Alfonso Fernández Dávila é astrobiólogo no Instituto SETI. e no Nasa Ames Research Centre. Na súa investigación estuda as condicións de habitabilidade nos vales secos da Antártida ou no deserto de Atacama, o lugar mais seco da terra. Curiosamente en Atacama os microorganismos aparecen no lugar menos esperado, no sal. Completamos a nosa conversa con Luis Gago, profesor do Departamento de Xeociencias Mariñas da Universidade de Vigo, que reflexiona por qué a NASA non busca a vida extraplanetaria directamente. Tamén nos achegamos aos obradoiros do laboratorio portátil do Centro de Astrobioloxía (INTA-CSIC) en Cangas dentro do Proxecto Ciudad Ciencia.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/10/Entre-Alfonso-Dávila-e-Luis-Gago-def.mp3|titles=Entre Alfonso Dávila e Luis Gago def]
Simulación do criomagmatismo de Éncelado feita en Cangas polo CAB
.
O nobel Claude Cohen-Tanoudji estivo en Santiago invitado polo programa Conciencia da USC. Deste xeito explicou en rolda de prensa coa tradución simultánea de Jorge Mira, o fundamento das súas investigacións en enfriamento de átomos con láser:
Un dos temas que preocupa á xente é o medio ambiente e a enerxía, pero cantas veces se ten consultado a cidadanía para saber o que opina sobre estas cuestións? O proxecto World Wide Views reúne a 6000 cidadáns en 60 países pra coñecer a súa opinión sobre os temas que centrarán as negociacións da vindeira conferencia das Nacións Unidas sobre o cambio climático de Paris. Conversamos con Adelina Pastor.
E esta é unha nova entrega da serie dedicada á Rede Galega de Biomateriais con José Ramón Caeiro, xefe de servicio de cirurxía ortopédica e traumatoloxía do CHUS.
A vida é infinitamente mais estraña que calquera cousa que a mente humana poida inventar
Sherlock Holmes en “Un caso de identidade” de Conan Doyle
Infografía de "Seeds Project"
O espazo está moito máis enlixado do que pensamos. Desa poeira espacial nacen estrelas e planetas. Outros pos, que poderiamos chamar de entullo, veñen dos choques entre corpos planetarios. Amaya Moro Martín, astrofísica no Space Telescope Science Institute, aproveita estas poeiras para estudar sistemas extasolares. Sería posible que este po transportase vida entre sistemas solares?
Amaya Moro vén de publicar unha carta aberta en Nature na que se expresa a preocupación da comunidade cientifica polas actuais políticas científicas na Unión Europea. Dúas liñas deste artigo dan conta da intención de Portugal de pechar a metade das súas unidades de investigación logo dunha “defectuosa avaliación da European Science Foundation (ESF)”. Esta avaliación ten levantado unha gran polémica en Portugal. Pola súa parte a ESC instou a Moro para que se retractase baixo a advertencia de emprender acción legais no Reino Unido, que onde se publica Nature.
O neurocientífico Casto Rivadulla explícanos o premio Nobel de Fisioloxía 2014, un galardón que xa estaba no aire. (No vídeo obsérvanse en acción as “células de posición” dun rato nun labirinto)
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/CASTO-NOBEL-2014-DEF.mp3|titles=CASTO NOBEL 2014 DEF]
Eva Rodríguez da Axencia SINC conversa con Luís Llaneza de ARENA (Asesores en Recursos Naturais, S. L.) sobre unha nova metodoloxía para rastrexar as mandas de lobos cando non se teñen indicios directos da súa presenza.