Programa 129 (12-4-09): Eu robot

Se consideramos o seu peso, as bacterias son os organismos mais abundantes no mundo. Un investigador que traballa día a día con estes bichos é Esteban Fernandez Moreiras, con el imos iniciar unha sección que se nos antollou chamar Circo de Bacterias. Moreiras é investigador do Programa Parga Pondal no Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña, INIBIC, que ten a súa sede no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. A primeira reflexión de Circo de Bacterias xurdiu dun vídeo que circula por internet.


Os símbolos teñen gran importancia na natureza.

Como serán os robots de aquí a 10, 15 anos? Serán os nosos asistentes do fogar, os nosos compañeiros, os nosos amigos? Coidarán dos enfermos, irán á guerra por nós, liberanránnos de traballo ou nos mandarán ao paro? Cambiarán a nosa vida, a sociedade ou mesmo a nosa definición como especie? Conversamos con profesor de socioloxía da UNED Antonio López Peláez autor dun completo estudo de prospección sobre o impacto dos robots na sociedade do futuro.

Os títulos das teses de doutoramento adoitan ser inintelixebles para os profanos. Este non é o caso de Rosa Devesa, que acaba de ler na USC a súa tese “Os sedimentos como rexistros de contaminación no río Anllóns”.

Programa 130 (12-4-09)

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.