Efer 460 (9-1-19): Doenzas neurodexenerativas, Ultima Thule e a eclipse de de lúa

⇑⇑⇑ Presentámosvos a primeira “Guía do Ceo” do ano con Irene Baspino e Martin Pawley na que falamos dos eventos astronómicos previstos para 2019, comezando pola eclipse de lua do 21 de xaneiro.
Wicho lévanos á cara oculta da lúa e a Ultima Thule.

 

As neurocientíficas “guerrilleiras” de Columbia NY [Versión estendida web]

Estela Area é profesora asistente no departamento de neuroloxía da Universidade de Columbia en New York. Sandra Barral pola súa parte é profesora asociada de neuroxenética na mesma universidade. Ambas traballan en doenzas neurodexenerativas (alzhéimer, párkinson, ELA) desde enfoques diferentes pero complementarios. Coñecemos os novos enfoques para entender e loitar contra estas enfermidades, pero tamén a historia destas dúas loitadoras que un día compartiron patio de colexio.

Efer 370 (6-11-16): Pódese previr o alzheimer?

 

“Previremos o alzheimer antes que o saibamos curar”

Jordi Camí é o director xeral da Fundación Pascual Maragall. Polo de agora todos os fármacos desenvolvidos para curar o alzheimer en humanos teñen fracasado. Quizáis se aplican demasiado tarde. As novas estratexias apuntan cara a prevención. O Estudio Alfa da Fundación Pascual Maragall explora esta liña xunto con outros proxectos europeos. En paralelo xorden cuestións éticas ás que cómpre dar resposta. A boa nova é que aparecen indicios de que os elementos de vida saudable que protexen ao corazón tamén teñen efecto como reserva cognitiva.

 

Cruce de micros con “Falamelide”

Facemos un cruce de micros con Falamelide do IES de Melide, unha das radios escolares mais veteranas de Galicia. Xunto Inés, Elisa, Xanaia, Carlos, Carla, Ana e Paco entrevistamos ao director do Centro Oceanográfico de Xixón Javier Cristobo. Cristobo é o investigador español que ten participado en máis expedicións á Antártida.

 

O champú milagreiro era en realidade… científico

Deborah García Bello, @deborahciencia, amósanos como unha mala publicidade pode encubrir desenvolvementos en I+D contrastados e eficaces. Unha maxistral lección de como ver as cousas máis alá da primeira impresión.