Out
9
2019
Visitamos o observatorio astronómico de Forcarei da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura para celebrar o seu 10 aniversario e coñecemos aos gañadores dos Premios de Investigación 2019 da Real Academia Galega de Ciencias.
- As castañas de hoxe “creáronse” antes de Colón. Con Santiago Pereira (USC) Premio Investigadores Sénior RAGC (1:44)
- Desde o observatorio astronómico de Forcarei, 10 anos ollando ao universo. Con Ana Ulla (UVigo), Enrique Alonso (Fundación FC3), Richi e Susana (14:40)
- Detección de contaminantes emerxentes procedentes de produtos cosméticos. Con María Celeiro (USC), mención honorífica investigadores sénior Premio RAGC (32:23)
- En álxebra tamén se investiga con Xavier García, mención honorífica investigadores mozos Premio RAGC (37:06)
- Nobel aos mecanismos de adaptación ao osíxeno das células con José A. Costoya (CIMUS) (40:37)
- 0 P107, un elo feble para atacar á obesidade? Con Juan Cuñaro (USC), premio investigadores mozos RAGC (47:14)
