Efer 341 (7-2-16): A nosa dieta coxea

O home é o único animal que come sen fame, bebe sen sede, e fala sen ter nada que dicir

Mark Twain

CZ6hf2DWIAAy72Z

Foto @xurxomar

Neste episodio efervescente entrevistamos ao dietista-nutricionista Aitor Sánchez, autor de Midietacojea, para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver co que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar calorías? É o mesmo dieta equilibrada ca dieta san?

.:

24487626361_bb3c0e0a2c_b

 

A tradución galega do APOD da NASA vai celebrar o seu 5º aniversario. Falamos con Dosi Veiga, tradutor, e Dani Caxete, astrofotógrafo galego con 4 APODs. Caxete cóntanos as dificultades que tivo para convencer á famosa web de fotografía astronómica de que a súa última creación foi realizada dun único disparo.

A empresa innovadora FAZ Cultura e Desenvolvemento aposta pola potencialidade do turismo científico.

Os raposos galegos acumulan baixos niveis de metais pesados. Este é un traballo do profesor de toxicoloxía da Universidade de Extremadura Marcos Pérez recollido pola axencia SINC.

Programa 212 (16-6-12): O Galileo da ESA

Se queres triunfar neste mundo non necesitas ser mais perspicaz có resto da xente, simplemente debes chegar un día antes

Leo Szilard

Louise O. Fresco Foto: Jetoroen Oerlemans

Esta semana visitou Galicia Luísa Fresco. Fresco é unha das científicas mais influíntes dos Países Baixos, é catedrática de desenvolvemento sostible da Universidade de Amsterdam, escritora, divulgadora, ex directiva da FAO, e especialista en agricultura e alimentación. Actualmente tamén está rodando unha serie de documentais para a televisión do seu pais, chamados “O paraíso de Luísa Fresco”. Na súa pescuda do futuro do alimentación os espectadores holandeses han coñecer as algas galegas, o traballo de Portomuíños e as gostosas receitas de Chechu Rey da Reitoral de Cines.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/Entre-Luísa-Fresco.mp3]

Entrevista a Luísa Fresco

Roberto Prieto Cerdeira foi bolseiro da Fundación Barrié

O sistema global de navegación por satélite Galileo xa conta con 4 enxeños no espazo. Conversamos co enxeñeiro de telecomunicacións da Axencia Espacial Europea (ESA) Roberto Prieto Cerdeira sobre o funcionamento destes sistemas.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/ENTRE-ROBERTO-PRIETO-def.mp3]

Entrevista a Roberto Prieto

 

No Circo de Bacterias de hoxe actúa Halomonas titanicae, a incrible bacteria que se alimenta do Titanic.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/CIRCO-BACTERIAS-TITANIC-def.mp3]

Descargar Circo de Bacterias Titanic

Con Wicho comezamos falando do pasado tránsito de Venús e da NASA, para rematar parolando sobre as copias de seguridade.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/WICHO-VENUS-def.mp3]

Wicherías venus, NASA e copias de seguridade

 

Velaquí o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/Efer-212-16-6-12.mp3]

Descargar programa completo