Mai
10
2009
O gran matemático ruso Andréi Nikoláyevich Kolmogórov comprobaba as capacidades lóxicas dos alumnos con preguntas como estas:
Cantas veces as agullas do reloxo están perpendiculares ao longo dun día?
Se sabes a resposta escribe un comentario e cun pouco de sorte mandarémosche un pequeno agasallo.
Os nosos estreleiros, Óscar Blanco e Martin Pawley, guíannos polo ceo de maio. Aos primeiros amigos de Efervesciencia que nos escribades un comentario para esta sección de astronomía afeccionada enviarémosvos un exemplar da “Guía do Ceo” do ano 2009 editada por Le pour qua pas e polo Concello da Coruña.
Grupos de investigación galegos traballan en identificación biométrica empregando a árbore de venas e arterias da retina. Nolo explica David López Vilariño de grupo de Visión Artificial da USC.
Un profesor verdadeiramente apaixonado polas “ciencias exactas” é o catedrático de Historia das Matemáticas da Universidade da Habana Carlos Sánchez. Con el parolamos sobre música e matemáticas, Kolmogórov, a primeira facultade no mundo de matemáticas en Braga,…