Relatos gañadores da sexta edición de Ciencia que Conta

Esta é a versión integra das recreacións radiofónicas que fixemos dos relatos gañadores da sexta edición do concurso “Ciencia que Conta“. Os comentarios corresponden á acta do xurado que estivo formado por Agustín Fernández Paz, Cristina Trillo Yáñez e Xosé Lois González  “O Carrabouxo”.

Categoría de Educación Primaria

“Experimento: Morris II ” de  María López Gabián do CEIP Plurilingüe “Ría de Vigo” de Vigo.

Valorouse neste texto a eficaz sinxeleza con que a voz narradora dunha nena curiosa e interesada polo saber nos conta unha experiencia científica integrada na súa vida cotiá. Deste xeito, algo tan básico como o xerminar dunha faba serve para ilustrar os fundamentos da experiencia científica.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/02/CQC-13-primaria-directo-web.mp3|titles=CQC 13 primaria directo web]

Descargar relato

Categoría de Educación Secundaria Obrigatoria

“O gris das fedoras” de Nuria Vilariño Lema IES Maximino Romero de Lema  (Baio, A Coruña).

Valorouse neste texto a orixinalidade do argumento así como a súa claridade expositiva. Mediante a historia dunha familia dedicada á fabricación de sombreiros, a narradora desvélanos que o que semellaba unha maldición hereditaria tiña unha clara explicación científica oculta no proceso de confección dos sombreiros.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/02/CQC-13-SECUNDARIA-web1.mp3]

Descargar relato

Categoría de Bacharelato e Ciclos de FP

“O dos ollos bonitos ” de Lucía Díaz Nicolino do IES Xesus Taboada Chivite (Verín, Ourense).

Valorouse neste texto a eficaz estratexia narrativa empregada para contar unha historia que sería tópica relatada doutro xeito. As sucesivas voces narradoras, coma pezas dun puzzle, vannos desvelando aos poucos o drama que hai detrás dun mortal accidente de tráfico.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/02/CQC-13-BACHARELATO-web.mp3]

Descargar relato

Categoría de Público Xeral

Valorouse neste texto o hábil ton humorístico que o percorre de principio a fin, así como a simbólica fábula que se nos conta, na que se mesturan materiais propios do costumismo e do realismo fantástico. As pinceladas científicas intégranse con total naturalidade no conxunto do relato.

“Crónica dunha ascensión ” de  Óscar García Ramos

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/02/CQC-13-XERAL-web.mp3]

Descargar relato