Neste programa quixemos facerlles unha homenaxe aos profesores de ciencia. Esta semana celebrouse o XIX Congreso de ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia) na vila Portuguesa de Póvoa de Varzim. Alí estivo Efervesciencia.
Así mesmo, Marta Vila falounos en directo dende Barcelona sobre o congreso de herpetoloxía que alí se celebrou.
O comentario é sobre o programa de hoxe, que evidentemente aínda non está publicado. Hai un profesor membro de Enciga que fixo un estudio sobre a incidencia da lúa nos partos cos seus alumnos. Non lembro o seu nome, pero sei que da clase ou colabora co departamento de didáctica das ciencias da escola de maxisterio.
Por outra banda comentar que este martes os profesores de Tecnoloxía estamos de folga e imos facer unha manifestación diante da Consellería para protestar pola reducción esaxerada de horas da nosa asignatura, que dito sexa de paso, non foi para incrementar as horas doutras materias de ciencias… A ver se o micrófono de Efervesciencia se anima a facernos compaña !!!!