Se queres triunfar neste mundo non necesitas ser mais perspicaz có resto da xente, simplemente debes chegar un día antes
Leo Szilard
Esta semana visitou Galicia Luísa Fresco. Fresco é unha das científicas mais influíntes dos Países Baixos, é catedrática de desenvolvemento sostible da Universidade de Amsterdam, escritora, divulgadora, ex directiva da FAO, e especialista en agricultura e alimentación. Actualmente tamén está rodando unha serie de documentais para a televisión do seu pais, chamados “O paraíso de Luísa Fresco”. Na súa pescuda do futuro do alimentación os espectadores holandeses han coñecer as algas galegas, o traballo de Portomuíños e as gostosas receitas de Chechu Rey da Reitoral de Cines.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/Entre-Luísa-Fresco.mp3]O sistema global de navegación por satélite Galileo xa conta con 4 enxeños no espazo. Conversamos co enxeñeiro de telecomunicacións da Axencia Espacial Europea (ESA) Roberto Prieto Cerdeira sobre o funcionamento destes sistemas.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/ENTRE-ROBERTO-PRIETO-def.mp3]
No Circo de Bacterias de hoxe actúa Halomonas titanicae, a incrible bacteria que se alimenta do Titanic.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/CIRCO-BACTERIAS-TITANIC-def.mp3]Descargar Circo de Bacterias Titanic
Con Wicho comezamos falando do pasado tránsito de Venús e da NASA, para rematar parolando sobre as copias de seguridade.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/WICHO-VENUS-def.mp3]Wicherías venus, NASA e copias de seguridade
Velaquí o programa completo:
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/Efer-212-16-6-12.mp3]