Programa 208 (19-5-12): Química cosmética

Xa semellamos moucos exiliados na Terra,

con segunda hipoteca na nosa liberdade.

Só o ronsel que canta dos mortos nos acentos

nos devolve a esperanza a que o home se aferra,

nos ergue até as almeas da moura soidade,

onde aínda agardamos teu mensaxe nos VENTOS.

Valentín Paz Andrade

No Parque Eólico Experimental Sotavento realizaron unha escolma de poemas con alusións ao vento a xeito de pequena homenaxe ao 50 aniversario do Día das Letras galegas. Un motivo mais para visitar a Serra da Loba.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/vento-e-letras-11.mp3]

Vento e letras 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/vento-e-letras-21.mp3]

Vento e letras 2

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/vento-e-letras-31.mp3]

Vento e letras 3

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/vento-e-letras-41.mp3]

Vento e letras 4

María Vilariño nos estudos da Coruña

Como se deseña e fabrica un champú? Como ler a etiqueta dos produtos cosméticos? As tinguiduras vexetais son tas boas como din? Sobre estas cuestións conversamos con María Vilariño, que é química cosmética, e directora técnica da empresa coruñesa Rizzola.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/ENTRE-MARIA-VILARINO-1-DEF.mp3]

Entrevista María Vilariño, parte I

Na segunda parte da entrevista María Vilariño déixanos unha receita para facer en casa un bálsamo labial.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/ENTRE-MARIA-VILARINO-2-DEF.mp3]

Entrevista María Vilariño, parte II

O programa complétase coa resolución do reto efervescente. Velaquí o podes escoitar íntegro:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Efer-208-19-5-12.mp3]

Descargar programa completo