Non sempre houbo a mesma proporción de osíxeno na atmosfera. Se viaxasemos no tempo ata época dos dinosauros en cada inspiración introduciriamos nos nosos pulmóns a metade de osíxeno do que o facemos hoxe. E logo como é que respiraban estes incribles bichos?
Na sección aleatoria imos adiantarnos ó segundo “Día do Científico Galego”. A Real Academia Galega de Ciencias organiza por segunda ocasión esta efeméride, co que a comunidade científica galega quere homenaxear ás súas figuras máis destacadas. A primeira edición desta conmemoración lembrou ó matemático Enrique Vidal Abascal. O protagonista do vindeiro 23 de abril vai ser nesta ocasión o pai da xeoloxía galega Isidro Parga Pondal.

Pondal de traballo de campo en Mina Sonia, na Mariña Lucense (bautizada co nome da súa neta). Ano 1963.
Grazas á visualización avanzada podemos ver con todo detalle imaxes tridimensionais de cousas que aínda non existen – un edificio, un aeroporto,…- e doutras que xa son historia – a catedral de Santiago no século XIII-. Conversamos con Luís Hernández, director do grupo Videalab da Universidade da Coruña.
William Thomson, Lord Kelvin, é un dos pais da termodinámica. Se hoxe temos neveiras e conxeladores é debido ao un efecto que el descubriu, o efecto Joule-Thomson. No que non era moi certeiro este gran físico do XIX era nas súas previsións. Lord Kelvin é o protagonista de Entrevistas no Alén, a xenial sección de Cesar Goldi.