Dedicamos o programa integramente á I Mostra de Ciencia e Cinema organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
[youtube 3jy1UiyBCLI nolink]
Wolframio, un tipo con química
Entrevistamos a Bienvenido León especialista en documental científico da Universidade de Navarra. Tamén interveñen Julio Casal (Asociación Casa das Ciencias), Pilar Perla (xurado, coordinadora de Tercer Milenio no Heraldo de Aragón), Laureano Jiménez (director de “Wolframio, un tipo con química” e profesor de Enxeñería Química da Universitat Rovira i Virgili), e María Lueiro e Adriana Abad do xurado xuvenil.