Programa 12: Xoguetes con ciencia (7-1-06)

Detrás de moitos xoguetes e obxectos cotiás atopámonos con fenómenos e curiosidades científicas. José Manuel Dapena e Concepción Mora son profesores nos IES de A Xunqueira (Pontevedra) e de Poio, respectivamente. Nos últimos levan organizando a Semana da Ciencia nos seus institutos. En 2006 dedicaron un completa exposición ós xoguetes e a súa relación coa ciencia.

Concepción Mora contounos unha sinxela experiencia que se pode facer na casa con dúas pelotas. Na entrevista en directo tivemos problemas co son e non se escoita moi ben esta explicación. Para emendalo, un vídeo vale máis que mil palabras.

[youtube]HnxQk53Nmu4[/youtube]

Tamén participou no programa Rafael García Molina, profesor da Universidade de Murcia, que tamén emprega xoguetes para facer divulgación científica.

Programa 11: VII Programa Marco da UE (31-12-06)

Chamounos a atención un artigo publicado recentemente en Science no que se anunciaba a morte de 5000 gorilas en África Central. En apenas 2 anos o 95% dos gorilas da reserva Lossi no Congo faleceron por causo do Ébola. Carles Vilá, profesor da Universidade de Upsala, falounos dende Suecia desta investigación da que é corresponsable.

A política de investigación na UE réxese por grandes plans plurianuais chamados programas marco. O 1 de xaneiro de 2007 entrou en vigor o VII Programa Marco que abranguerá o periodo 2007-2013. O Director Xeral de Investigación da UE, José Manuel Silva Rodríguez, explicounos as grandes liñas – cooperación, ideas, persoas e capacidades – deste plan de excelencia que conta cun orzamento de 50.000 millóns de euros.

Silva
José Manuel Silva.

Na axenda presentamos a exposición “Desenvolvemento sostible: buscando solucións” que se exhibe en Lugono pazo da Deputación Provincial. Tamén posible facer unha visita virtual dende a páxina web da Cátedra Unesco de Desenvolvemento sostible e educación ambiental da Universidade do País Vasco.

Programa 10: Investigando pola paz (24-12-06)

A nova máis importante da semana foi a aprobación no Parlamento de Galicia do nova máis importante da semana foi a aprobación no Parlamento de Galicia do novo Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica 2006-2010. A imaxe de marca do plan é INCITE: Innovación, Ciencia e Tecnoloxía.

Neste programa do día de Noite Boa en Efervesciencia quixemos falar das contribucións da ciencia á paz e tamén a guerra. Para iso contamos coa presenza de Natalia Roncancio, coordinadora estatal da campaña “Pola Paz: non á investigación militar” que promove a Fundació per la Pau.  Segundo esta fundación, nos Presupostos Xerais do Estado 2007 invístese tanto en investigación civil como en investigación militar.

Logo campaña pola paz

Na Sección Aleatoria explicamos a historia do forno microondas, e deste xeito damos inicio a unha serie de 3 capítulos sobre este fantástico invento.   

 

 

Programa 9: Solos (17-12-06)

Facémonos eco da presentación do libro Guía das Orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena.

A invitada no tempo de conversa é Eva Vidal. Eva é actulamente investigadora do programa Juan de la Cierva na Escola Politécnica Superior de Lugo da USC, aínda que está á espera de asinar un contrato Isidro Parga Pondal. Esta edafóloga explícanos as súas investigacións sobre a erosión causada pola chuvia nas terras de cultivo galegas.

Eva Vidal e Marta Vila
Eva Vidal e Marta Vila