Efer 543 (21-1-21): Pasar de fabricar vacinas veterinarias a humanas para a covid e a tuberculose: Biofabri no Porriño

(3:35) O proxecto CONCISE estudou como inflúe a comunicación científica nas actitudes dos cidadáns ante cuestións como as vacinas, o cambio climático ou as pseudociencias . Conversamos coa catedrática de xornalismo da Universidade de Valencia Carolina Moreno e directora do grupo de investigación Science Flows

(20:54) O director do Museo de Historia Natural da USC Marcos González convídanos á exposición virtual “A ciencia en imaxe”

(23:04) Non todas as vacinas se desenvolven á “velocidade da luz” como é o caso das vacinas da covid. O grupo de Carlos Martín, catedrático da Universidade de Zaragoza, leva dúas décadas desenvolvendo unha nova vacina contra a tuberculose, a MTBVAC en consorcio con Biofabri, do grupo biofarmacéutico Zendal no Porriño. Falamos dos últimos resultados de MTBVAC con Carlos Martín e Esteban Rodríguez, director xeneral de Biofabri. MTBVAC amosa protección en macacos contra a tuberculose transmitida de forma respiratoria por aerosois. Ademais veñen de demostrar en ratos que esta vacina cura o asma. Para poder realizar o estudo en fase III en adultos desta vacina precísanse 200 millóns de euros.
Por outro lado, Esteban Rodríguez cóntanos como é a transición de Biofabri para pasar de producir vacinas veterinarias a vacinas humanas. Biofabri fabrica xa o antíxeno da vacina da covid de Novavax para fornecer en Europa esta vacina, e está a preparar lotes para as fases clínicas das vacinas do CSIC de Mariano Esteban e Vicente Larraga.
(44:17) Rocío González e David Ballesteros preséntannos a nova tempada de Aquelando na TVG2.
http://www.efervesciencia.org

Efer 542 (14-1-20): Como vacinar a todo o planeta

(2:24) En “Cambio de fase” Dani Pizarro analiza a banda deseñada “En órbita con Thomas Pesquet”
(13:58) O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender desde Hamburgo (Alemaña) a chamada de Efervesciencia para conversar das novas cepas, o estado das vacinas que están por vir, a equidade na vacinación entre os diferentes países e o papel dos modelos animais. No seu traballo de campo en África co ébola e laza, Muñoz Fontela ten atopado reticencias e rumores tales como “os europeos veñen aquí a roubármonos ós órganos”. Argumentos que no fondo son moi semellantes ao “o virus o causa o 5G”
(40:54) Urano é un planeta tan difícil de atopar no ceo que tan so puido ser descuberto co uso do telescopio por William Herschel. Pero agora os noso estreleiros, Pawley e Baspino, dannos unha pista para atopalo facilmente a vindeira semana.
http://www.efervesciencia.org

Efer 539-540 (1-1-21) Contamos e cantamos un ano de ciencia [Parte 1]

Versión estendida da primeira parte do programa especial de aninovo, que se emitiu o 1 de xaneiro de 2020.
Sen dúbida as vacinas son o achado científico do ano. Falaremos delas coa catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África Gónzalez. Pero tamén abordaremos a outra ciencia que se fixo no intenso 2020. Fieis a nosa tradición tomaremos como referencia a escolma que fai a revista Science anualmente e os persoeiros que escolle Nature. Teremos tempo para contarche historias emocionantes, achados que cambian as nosas vidas, descubrimentos que fascinan o escoitalos. Tamén trataremos o bo e malo que houbo no mundo da ciencia nestes últimos 365 días, pero como estamos comezando un novo ano e gústanos a festa haberá ocasión de probar as habilidades cantoras dos noso equipo efervescente.
Para todo isto contamos coa nosa tripulación titular de colaboradores científicos que nos atenden desde Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense: Marta Vila, Irene Baspino, Martin Pawley, Rosa Pedrido, Borja Tosar, Deborah García Bello, Leonor Parcero, Wicho, Joana Magallaes, Susana Ladra e Nacho Munilla. Equipo que se complementa con César Goldi e o pianista Juanjo Fernández, e con Dosi Veiga, editor de Ceos Galegos.

Efer 538 (24-12-20): Como ven as adolescentes galegas a profesión científica

(4:01) Bibiana García Visos analiza de onde sae a peluxe dos embigos e os diferentes tipos de cera que podemos ter nos oídos na súa sección “Ciencia para andar por casa”
(14:47) Xuvenciencia analizou en “A Ciencia como profesión” os estereotipos e os prexuízos de xénero nas carreiras científicas nunha enquisa a 700 escolares de ESO, BAC e FP de 31 centros galegos. Unha das conclusións é que as rapazas galegas cren en si mesmas e nas súas capacidades cara facer ciencia máis que a sociedade en conxunto. Da man de Joana Magalhães conversamos con Marta Veiga (xestora de Xuvenciencia) e Laiala Al-Soufi, doutoranda en neurociencia e analista deste estudo.
(34:39) Como anticipo do XIV Congreso Estatal de Astronomía que se organizará na Coruña en 2021 anúnciase a entrevista en Youtube da astrónoma galega Ana Ulla á súa colega Jocelynn Bell. A astrofísica norirlandesa xa forma parte dos grandes persoeiros da historia da astronomía.
(39:25) Dani Pizarro tráenos unha crítica da versión en banda deseñada do “Sapiens” de Yuval Harari.