Efer 595 (4-5-22): Os cans cheiran peor as feromonas cós seus parentes salvaxes

(1:45) Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame “Ciencia Calidade” de Monólogos Científicos.
(13:12) Grazas ao órgano vomeronasal os animais teñen un “sexto sentido” co que son quen de detectar sinais químicos entre individuos da mesma especie: as famosas feromonas. Os resultados do grupo de investigación de Morfoloxía Animal (MORFAN) da Facultade de Veterinaria de Lugo da USC veñen de descubrir que a domesticación do can atrofia este órgano en comparación cos seus conxéneres salvaxes como é raposo. Conversamos co líder do grupo Pablo López Quinteiro, que é ademais un dos maiores especialistas na música de Mahler.
(42:27) @astroxabi contanos todo o que debemos saber para ver a eclipse lunnar total da noite do 15 ao 16 de xuño de 2022

Efer 594 (27-4-22): As áreas arqueolóxicas como Tourón deteñen os megalumes forestais?

(2:18) O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspiraciencia.es
(29:50) Juan Picos é o director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra da Universidade de Vigo. No ano 2017 descubrimos que estamos expostos a unha nova tipoloxía de lumes altamente destrutivos. O cambio climático e nosa ordenación territorial son a causa de que esteamos en alto risco de sufrir estes megalumes. Non sabemos cando ha de ser, pero debemos de estar preparados.

Efer 593 (13-4-22): A ciencia do órgano Hammond e o Organsound. Especial “De Lugares e órganos”.

[Versión estendida] Efervesciencia inaugura a 7º edición de “Lugares e órganos. Música e outras paisaxes de Compostela” cun programa monográfico con público sobre ciencia e tecnoloxía dos órganos.
No Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago acompañaranos o músico Álex Salgueiro que interpretará o órgano Hammond, o físico, músico e investigador en historia da ciencia e da música Andrés Díaz, Yago Portela fillo do creador do OrganSound, e Belén Bermejo, directora do ciclo “De lugares e órganos”.

Efer 592 (6-4-22): Química de vangarda inspirada na natureza

(2:28) Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible.
(19:33) Con Daniel Pizarro, @tecnocoia, analizamos a novela gráfica “La Bomba” de Alacante, Bollée e Rodier (Norma editorial).
(34:27) A química Elena Pazos é investigadora ramón y Cajal da Universidade da Coruña. Conversamos con ela desde o CICA sobre o seu proxecto Starting Grant financiado polo Consello Europeo de Investigación de nanoestructuras peptídicas inspiradas na bioloxía.