Volvemos o 5 de outubro

O mércores 5 de outubro ás 21:00 volveremos os de Efervesciencia con novas historias e programas á Radio Galega.
Na agarda tes ao teu dispor os nosos podcast na túa plataforma favorita. Tamén podes escoitar a escolma efervescente da avoa de Einstein os sábados e domingos ás 8 da mañá na Radio Galega durante xullo e agosto.

Efer 605 (20-7-22): De paseo xeolóxico con Fran Canosa

(1:29) Collemos a mochila e os nosos micrófonos para facer a ruta xeolóxica do Perdouro que organiza o xeólogo Fran Canosa en Burela. As saídas ao campo con Fran Canosa son toda unha delicia apta para todos os públicos, non deixedes de visitar [Rutas xeolóxicas de Galicia](https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/)
Repasamos as accións desenvolvidas este curso pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo da man da súa codirecora e Vicerreitora de Comunicación Mónica Valderrama (40:23)
Andrea Muras e Eva Cabanelas fannos un recordatorio do Concurso de Monólogos Científicos en Galego “Ciencia Calidade”(49:31)

Efer 604 (13-07-22): 772, nun epitafio

(2:09) Unha vez ao ano facemos un obradoiro para ensinarlles como funciona a radio aos investigadores, e aproveitamos para artellar un pequeno faladoiro. Deste volta contamos con Ángela González Ferro, Eduardo Domínguez Medina, Araceli Tobío, Fernando Castro, Sara Calvete e Pedro Piñeiro.
(24:06) En historias de virus César Muñoz Fontela cóntanos a orixe da varíola do mono.
(32:59) Guía do ceo de verán con @astroxabi, Xabier Pérez Couto, para aproveitar as noites estivais e gozar a topo do ceo.

Efer 603 (06-07-22): Poesía, herbiñas, estrelas e inclusión na Noite Efervescente desde a Casa Rosalía [Versión estendida]

[Versión estendida] Celebramos a nosa VIII Noite Efervescente na Casa de Rosalía en Padrón. A Noite Efervescente é una actividade familiar de astronomía para todos na que contamos como anfitrións cos amigos da asociación [Amipa](https://www.facebook.com/AsociacionAmipa) de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar e a inestimable colaboración do noso estreleiro Martin Pawley. Tamén nos acompañaron varios membros da [Asociación Andaina Pro-Saúde Mental](https://www.andainapsm.org/).
María López Sández recibiunos en nome da Casa Rosalía e presentounos o “Herbario de Rosalía de Castro” do que é autora xunto con Mabel Fraga e Miguel Fraga. A actriz Cris Collazo puxo voz a varios poemas de Rosalía baixo as composicións orixinais de piano interpretadas por Juanjo Fernández.
Conversamos coa astrofísica do ESAC Sandra Benítez Herrera sobre o papel da favorable que pode ter a astronomía na saúde mental.
Rosseta Martorell é a secretaria da “Asociación Astronómica y educativa de Canarias Hentietta Leavitt”. Nun proxecto desta asociación de sonificación do brillo de estrelas, un grupo de escolares cegos veñen de se convetir nas primeiras persoas invidentes que descubren unha estrela variable escoitando os datos.