Efer 602 (29-6-22): Atlas sonoro da ciencia cidadá na Península Ibérica

Percorremos a Península coñecendo diferentes proxectos de ciencia cidadá ao fío do proxecto Newsera: Mamalnet en Ciudad Real con José Antonio Blanco (Instituto de Investigación en Recursos Cinegéticos-CSIC-UCLM), “Observatorio Ciudadano de la Sequía” en Sevilla con Pilar Paneque (Universidad Pablo Olavide), Xente de 100cia en Cambre con José Viñas (IES David Buján), “Cities at Night” en Madrid con Alejandro Sánchez de Miguel (UCM e University of Exeter), Gelavista en Lisboa con Antonina Santos (Instituto Português do Mar e da Atmosfera) e Vacaloura.pt en Oporto con João Gonçalo Soutinho.
Newsera é un proxecto financiado pola UE para estudar o potencial da ciencia cidadá para comunicar mellor a ciencia. A nosa anfitrioa neste percorrido foi Joana Magalhães.

Efer 601 (15-6-22): Premios de transferencia da RAGC

Programa monográfico dedicado aos premios de transferencia da Real Academia Galega de Ciencias.
(2:42) PolyDeep é un sistema de detección e clasificación en tempo real de lesións colorectais empregando Deep Learnig. Este proxecto gañou o premio “Francisco Guitián Ojea” Conversamos con Miguel Reboiro e Daniel González do grupo SING (Sistemas informáticos de Nova Xeración) da Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo no Campus de Ourense.
(19:57) Teresa Abuín gañou o premio Celia Brañas da RAGC pola reportaxe “Costa Inundable” emitida no programa “Vivir aquí” da TVG.
(28:15) Eddy Sotelo investigador na Facultade de Farmacia da USC cóntanos en que consiste o proxecto “Ligandos fluorescentes como alternativa al uso de la radioactividad en la industria farmacéutica” que gañou o premio “Fernando Calvet Prats”.
(42:49) O catedrático de instituto xubilado Manuel Casalderrey recibiu o premio de Divulgación Científica 2022.

VIII Noite Efervescente

Astronomía para todos desde a Casa de Rosalía

As Noites Efervescentes son observacións públicas inclusivas do ceo nocturno. Esta VIII edición celebrarémola na Casa de Rosalía de Castro, en Padrón, a noitiña do sábado 25 de xuño. Poderemos ver a onde tería que ter mirado Rosalía para localizar a estrela que agora leva o seu nome.

A Noite Efervescete é una actividade familiar de astronomía para todos na que contamos como anfitrións cos amigos da asociación Amipa de persoas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar. Agardámoste!

Programa da VIII Noite Efervescente na Casa de Rosalía en Padrón:

De 21 a 22 h. Obradoiro de planisferios con Martin Pawley da Agrupación Io.

De 22 a 23 h. Gravación de Efervesciencia. Contaremos coa música ao vivo do pianista Juanjo Fernández, falaremos do Herbario de Rosalía e de ciencia, leremos poesía,…

De 23 a 24:30h Petisco xentiliza de Panadería San José e observación do ceo

A entrada é libre sen necesidade de facer reserva. A actividade é apta para calquera tipo de público e idade (menores acompañados). Pódese asistir o tempo que cada quen desexe.

En caso de mal tempo manteremos a actividade sen obsrvación nocturna.

Quen organiza a “Noite Efervescente”?

“Noite Efervescente” é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega-USC e os seus «estreleiros», en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa “IO”, a Asociación Amipa, a Casa de Rosalía e Panaderías San José.

Anteriores Noites Efervescentes

Escoita as nosas últimas Noites Efervescentes :

Obradoiro Comunicar Ciencia na Radio (e en podcast)

Poñemos en marcha unha nova edición do obradoiro «Comunicar Ciencia na Radio». As prazas son moi limitadas polo que aconsellamos que se che interesa te inscribas o mais axiña posible.

Este obradoiro está pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… e terá lugar o vindeiro xoves 23 de xuño de 10:30 a 13:30 no estudio de radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Gravaranse contidos que se emitirán en Efervesciencia.

 Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)gmail.com. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto “Efervesciencia 21” financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Estas son as bases: