Efer 609 (16-11-22): Biotecnoloxía para xurros sen cheiros nin emisións

(3:42) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato “A ribeira do mexillón” que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez.

(25:25) Coñecemos as ferramentas Innovapeme e Bonos de innovación de GAIN con Patricia Fernández, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación. Presentamos o caso da peme innovadora Briopana que emprega biotecnoloxía para solucionar problemas do medio agrícola conversando con Carla Salazar (fundadora) e Jesús González Pueyo (director do laboratorio de I+D). Os seus microorganismos eliminan cheiros e emisións dos xurros.

(42:06) O noso virólogo César Muñoz Fontela coméntanos a aparición en Uganda dun gromo dun novo Ébola Virus. En “Historias de Virus” coñecemos a historia dun axente infeccioso que non é un microorganismo.

Efer 608 (9-11-22): Cos sentinelas dos novos virus que nos agardan

A vida esta chea de sorpresas… e de virus emerxentes. Ven o soubemos na epidemia do Sars-Cov-2. Pero hai outros moitos que empezan a asomar a patiña por debaixo da porta. Falamos con científicos sentinelas que monitorizan estes virus cos que non nos queda outra que convivir. Achegámonos cos nosos micros á Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago onde se celebrou o Curso Virus Emerxentes organizado pola investigadora do CIMUS Carmen Rivas.
(3:24) Con María Paz Sánchez Seco (xefa do laboratorio de Arbovirus e Enfermidades víricas importadas no Centro Nacional de Microbioloxía do Instituto de Saúde Carlos III) coñecemos a febre hemorráxica Crimea-Congo que poden transmitir as carrachas.
(19:15) Con Miguel Ángel Jiménez Clavero @Virusemergentes (Virólogo e profesor de investigación no CISA- INIA) conversamos sobre o virus West Nile.
(33:35) Todo co que sempre quixeches saber sobre os fósiles con Pedro Piñeiro.
(39:44) Acabamos con Adolfo García Sastre (Director del Instituto de Salud Global y Patógenos Emergentes del hospital Monte Sinaí) e Ana Fernández Sesma (Catedrática de microbioloxía e enfermidades infecciosas do Icahn School of Medicine do Monte Sinaí de Nova York)

Efer 607 (26-10-22): Unha noite magnética no CINBIO

Programa monográfico con público no que nos unimos á xornada de portas abertas do CINBIO da Universidade de Vigo. Este centro de investigación biomédica ten dúas almas, a Nano e a Bio.
Pola parte Nano conversamos con Miguel Ángel Correa (grupo TeamNanoTech e director do CINBIO), Verónica Salgueiriños (grupo de Materiais Magnéticos) e Isabel Pastoriza (grupo FunNanoBio).
Polo lado Bio falamos con Diana Valverde (grupo de Enfermidades Raras) e Marina Peña (Servizo de Bioexperimentación).
Andrea Muras convídanos a asistir á final de monólogos cientificos “Ciencia Calidade” en Lugo.

Efer 606 (5-10-22): Científicos inspirados pola música, e viceversa

(1:56) Asistimos no IES Xelmírez I de Santiago a unha sesión do proxecto de divulgación da estatística “[Stat Wars Episodio II: O imperio do datos](https://www.proyectostatwars.es/)” no que participan Mercedes Conde, Ana Bouzas e Berta Rial.
(13:54) Desde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de Naukas Bilbao para poder conversar sobre música e ciencia con Almudena Martín Castro. Esta física e pianista vén de publicar o libro “La lira desafinada de Pitágoras”. Ás 21 horas do mércores 12 de outubro de 2022 sortearemos un exemplar do libro de Almudena Martín entre as persoas que nos mandedes un chío de twitter con algunha suxestión de peza musical relacionada coa ciencia.
(48:20) O pasado venres o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC celebrou a *Ocean Night* cun concerto do músico Abraham Cupeiro no auditorio Afundación de Vigo ao fío do proxecto “Neuston III”. Cóntannos a experiencia o propio Cupeiro e Pepe Pintado, Vicedirector de Cultura Científica do IIM-CSIC.