Efer 559 (13-5-21): Debate con cinco economistas mulleres que investigan a desigualdade

(0:00) Intro da Avoa de Einstein: o coche eléctrico e Elinor Ostrom.

(5:14) ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un Centro de Investigación Interuniversitario integrado por investigadores das tres universidades galegas, e especializado no estudo da económica, social e ambiental. económico coma ambiental e social. No Museo do Mar de Vigo ECOBAS vén de organizar o debate “A Ciencia ten nome de muller” onde cinco economistas mulleres comparten as súas investigacións e reflexións sobre a desigualdade de xénero. Elas son María Loureiro (Investigadora da USC, investigadora honorífica da UVigo e Directora Científica de ECOBAS), Coral del Río (Investigadora da UVigo experta no estudo da desigualdade), Emma Iglesias (Investigadora da UDC, directora do departamento de Economía) e Amaia Palencia (investigadora de predoutoramento na UVigo, grupo Equalitas).
http://www.efervesciencia.org

Efer 558 (6-5-21): César de la Fuente, ordenadores e bioenxeñería contra as superbaterias

(0:01) Introdución da Avoa de Einstein con Juanjo Fernández ao piano

(3:38) Aberta a nova edición do concurso de relatos de inspiración científica “Inspiraciencia”. Recuperamos o relato de José de la Sota gañador en 2015. https://inspiraciencia.es/gl/

(6:37) O biotecnólogo galego César de la Fuente con só 35 anos leva gañado unha chea de prestíxiochos premios ó longo da súa carreira. O último deles o Premio Princesa de Girona de Investigación 2021. De la Fuente lidera o grupo “Machine Biology Group” da Universidade de Pensilvania onde emprega os ordenadores para desenvolver péptidos con capacidade antibiótica mellorando os que existen na natureza ou evolucionándoos “en silicio”. As liñas de investigación de César de la Funte están na vangarda da loita contra as bacterias resistentes aos antibióticos. O seu grupo tamén está desenvolvendo test rápidos, eficaces e baratos de producir para a covid.

(39:35) Probablemente o primeiro caso documentado de guerra biolóxica tivo lugar con virus da varíola. O virólogo César Muñoz Fontela traballa actualmente no grupo Blueprint de asesoramento á OMS na loita contra epidemias. Desta volta cóntanos na súa sección “Historias de virus: habelos hainos” parte da historia da varíola.

Efer 557 (29-4-21): A arqueoloxía pescuda as orixes dos estados fallidos do Corno de África

(2:23) Na idade media o Corno de África era un lugar próspero. Actualmente é o paradigma dos estados fallidos, fame e piratería. Que pasou entremedias? O investigador do INCIPIT-CSIC, Jorge de Torres, gañou un prestixioso proxecto Starting Grant do ERC (Consello Europeo de Investigación) para aproximarse a esta pregunta. Deste xeito neste 5 anos o proxecto “StateHorn” analizara o territorio, os asentamentos, a cultura material, as tradicións e a literatura desta zona do mundo. Jorge de Torres participa no programa Oportunius de retención de talento investigador do GAIN (Axencia Galega de Innovación).
(22:13) Os 93 anos finou o catedrático emérito de Historia da Universidade de Sevilla José Luis Comellas. Este ferrolán foi todo un mestre para a comunidade de astrónomos afeccionados en España. Especialmente pola publicación da súa “Guía del Firmamento”. Conversamos co seu sobriño-neto Eduardo Díaz Comellas e co astrónomo Borja Tosar.
(38:23) “Cultivando na auga: tradición e innovación” é un documental que recolle o estado da investigación e explotación da acuicultura en Galicia. Este documental é unha iniciativa da rede de investigación Inmunogenom na que participa Paulino Martínez (Grupo Acuigen da USC) e Carlos Pereira Dopazo (Director do Instituto de Acuicultura da USC). https://youtu.be/dUfB7Wh7Vk0

Efer 556 (22-4-21): Mitos e realidades da minaría romana en Galicia

(2:57) As salinas e as minas romanas que temos en Galicia axudan aos arqueólogos a estudar o noso pasado. No caso das minas o imaxinario popular de todos nós está inzado de mitos que non corresponden coas evidencias históricas. Brais Currás, investigador do Instituto de Historia do CSIC; lémbranos que a romanización foi un fenómeno de interaccións mutuas entre os romanos e os locais.
(32:41) Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha mutación tan rara que non mundo so a teñen 17 persoas mais, Pelayo e agora tamén este peixe avatar. Esta mutación causa unha enfermidade moi grave que investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago están tratando de entender. Conversamos con Maribel Quiroga do grupo de Anatonomía Patolóxica Veterinaria da USC e catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón que lidera o grupo Zebrabiores. Este non é o primeiro peixe zebra “avatar” co que traballan, pero este proxecto de investigación ten unha significación moi especial para ambas investigadoras. Ademais teñen lanzado unha campaña de micromecenado desde precipita.es. https://www.precipita.es/proyectos/Pelayo-y-el-pez-cebra-ayudan-en-la-investigacion-de-las-enfermedades-raras–