Efer 581 (29-12-21): Proteínas e Intelixencia Artificial: Cantamos a mellor ciencia do ano (parte 1)

Programa especial de fin de ano. Desde o paraninfo da Universidade de Santiago repasamos a mellor, e peor ciencia do ando, da man dos nosos colaboradores Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira “Wicho”, Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano.
O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial José Santos da Universidade de A Coruña debulla para nós o achado científico do ano da revista Science.
http://www.efervesciencia.org

Efer 580 (25-12-21): O faro de Jocelyn e os sons do universo

Os sons tamén poden ser utilizados para divulgar o espazo, non todo van ser imaxes. O investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía (IAA-CSIC) Enrique Pérez Montero é cego. Para facer divulgación astronómica válese de son reais, sonificacións e musificacións. Este recurso é moi potente e inclusivo. Hai detalles que te perdes se non o escoitas, aínda que poidas ver.
A astrofísica Jocelyn Bell é a descubridora dos púlsares, unha sorte de estrelas-faro que emiten periodicamente ondas de radio. A historia da súa vida é fascinante. Coa colaboración de Martin Pawley entrevistamos na Coruña a Jocelyn Bell, un faro tamén para os astrónomos afeccionados que a convidaron a participar no seu XXIV Congreso Estatal de Astronomía. As voces da dramatización sonora corresponden a Victoria Pérez e César Goldi.
http://www.efervesciencia.org

Efer 577 (8-12-21): O que nos ensinan as células zombis do envellecemento

(2:27) Dramatizamos o relato “Os océanos teñen voz” de Diego Parada, gañador do concurso Inspiraciencia na categoría de mocidade en galego.
(12:12) Celebrouse en Santiago a reunión anual da Rede Nacional de Senescencia Celular. E alí levamos os micrófonos de Efervesciencia para coñecer os máis novidosos avances sobre o envellecemento. Foi o noso anfitrión Manuel Collado, do grupo de “Senescencia Celular en Cancro e Envellecemento” do IDIS. Conversamos co investigador Manuel Serrano (IRB Barcelona), que vén de ser fichado por Jeff Bezos e Yuri Milner para Altos Lab. Este laborarorio privado pretende ser a vangarda mundial en investigación sobre envellecemento. Tamén falamos con María Abad (VHIO), Joaquin Aribas (VHIO), Ramón Martínez (UV) e Ignacio Palmero (UAM).
http://www.efervesciencia.org

Efer 576 (1-12-21): Descifrando o astronógrafo de Navalón

(3:30) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela recreamos radiofonicamente “Lúa negra”, o relato gañador na categoría de adultos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña. Conversamos co autor de “Lúa Chea” Francisco Fernández Davila.
(16:57) Documentos antigos perdidos no fondo dun armario, un texto indescifrable, un estraño instrumento científico, un pedagogo masón esquecido pola historia… Todos estes elementos forman parte da aventura que uniu á José Ángel Abraldes, director do Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra, a Fátima García Doval, doutora en didáctica e innovación, e a Juan Carlos Asensi, arquitecto docente. A misión: determinar se o chamado astronógrafo de Navalón era unha invención ou unha pequena marabilla en forma de planetario táctil.
http://www.efervesciencia.org