Efer 632 (19-4-23): Calor en nanoparticulas magnéticas contra tumores

(2:37) Asistimos ao III obradoiro de nanopartículas magnéticas e hipertermia que organiza a Facultade de Física da USC e o Instituto de Materiais da USC (iMATUS). Conversamos con María del Puerto Morales, Carlos Rinaldi e David Serantes. Esta liña de investigación explora a introdución de nanopartículas magnéticas no corpo dos doentes que se quentan en presenza de campos magnéticos variables de tal xeito que poden acabar con células cancerosas que son máis susceptibles ao cambio da temperatura.
(24:46) Con Ana Yeste presentamos a nova edición do concurso de relatos Inspiraciencia que convoca a delegación do CSIC en Cataluña. Estíbaliz Espinosa vai impartir obradoiros creativos para posibles concursantes.
(39:49) Presentamos aos participantes da Regueifa de Ciencia dedicada á legalización do cannabis. Coa participación de Manuel Isorna, Patricia Amiguet, Fernando Rodríguez de Fonseca e José Carlos Bouso. http://www.efervesciencia.org

Efer 631 (12-4-23): A vida secreta dos insectos

(2:47) As bacterias coercitivas con Esteban Fernández Moreira.
(16:19) A vida secreta dos insectos con Carlos Otero (entomólogo, profesor emérito “ad honoren” da USC) e Alberto Uría (asociación Corripa de Negueira de Muñíz).www.efervesciencia.org

Efer 630 (5-4-23): IA na prevención do suidicio

(1:58) Dor de cabeza e menstruación con Laura Veiga, @PingandoG
(10:55) e (20:31) A investigadora da UPF Barcelona School of Managment Ana Freire lidera un proxecto de prevención de suicidios e trastornos da conduta alimentaria nas redes sociais baseado na Intelixencia Artificial.
(14:44) As calculadoras Casio de toda a vida agora falan galego. Cóntannolo Eloy Bernal (división educativa de Casio), Cristina Naya (docente de didáctica das matemáticas na UdC) e Julio Rodríguez Taboada (AGAPEMA).
(41:54) Faladoiro sobre a intelixencia artificial con Susana Ladra e Leonor Parcero na nosa sección “O algoritmo poeta”. http://www.efervesciencia.org

Efer 629 (29-3-23): A maquinaria industrial da fraude científica

(3:05) Cristina Candal é unha enfermeira que esta a facer o seu doutoramento na USC sobre a mala conduta científica. A fraude científica xa non é un fenómeno individual. As investigacións de Candal veñen cuantificar o peso das factorías de traballos científicos fraudulentos.
(34:52) Resolvemos o concurso do instrumento misterioso que nos propuxo Pablo Carpintero a semana pasada.
(38:46) Un comentario en Nature Astronomy fai un chamado para loitar con medidas drásticas contra a contaminación luminosa da luz artificial e os satélites de órbita baixa. Conversamos con dous dos seus autores, Raul Lima (investigador da Escola Superior de Saúde do Politécnico de Porto e do Instituto de Astrofísica e Ciencias do Espazo da Universidade de Coimbra) e o noso colaborador Martin Pawley.