Efer 517 (4-6-20): A visión global da COVID de Margarita del Val

(2:43) A investigadora científica do Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” – CSIC Margarita del Val é un dos científicos que ten unha visión mais global da pandemia da Covid. Conversamos coa inmunóloga e viróloga que coordina a Plataforma de Saúde Global, que axunta os esforzos de loita contra a pandemia por parte do CSIC.

(22:24) Logo de 9 anos a NASA foi quen de poñer astronautas no espazo – na ISS – con medios propios. O modelo de subcontratar as viaxes espaciais á empresa privada é todo un cambio de paradigma. Wicho analiza para Efervesciencia a misión da Crew Dragon Endeavour de Space X -Nasa á Estación Espacial Internacional.

(39:40) A Avoa de Einstein fai a súa chamada sorpresa ao catedrático de electromagnetismo e divulgador Jorge Mira… e a conversa acaba chegando a “Interstellar”.

Efer 516 (28-5-20): Supercontaxiadores

(2:19) Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX.

(17:10) Aulas Galegas é un repositorio de contidos didácticos en galego, tamén de ciencias. Nolo contan Susana Vázquez e Ramón Cabanelas.
(21:22) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-COV-2 para reconstruíren a súa árbore xenealóxica. Así puideron datar a súa orixe e atopar, dun xeito non buscado, a aparición da figura do supercontaxiador nos seus datos. Velaquí a versión completa da entrevista:

(48:23) A chamada sorpresa da Avoa levounos ao físico e divulgador José Edelsteien no seu aniversario e no día da publicación do seu primeiro artigo divulgativo en galego no diario Nós.

Efer 515 (21-5-20): Os modelos matemáticos da COVID non son máxicos

(2:38) Afectou o confinamento ao consumo de drogas legais e ilegais? Conversamos co psicólogo Manuel Isorna.

(12:49) Cales son os límites dos modelos matemáticos da COVID con Saúl Ares e Anxo Sánchez.

(28:45) Test virais e control de calidade contra a COVID. Con Manuel Lolo de AMS LAB.

(45:24) Chamada sorpresa da Avoa aos estreleiros Irene Baspiño e Martin Pawley.

Efer 514 (14-5-20): O papel da nova vacina da tuberculose contra a COVID en estudo

(5:19) Este ano van morrer no mundo polo menos un millón e medio de persoas por esta doenza. Non é coronavirus, senón a tuberculose. A centenaria vacina BCG non é segura pero non defende das formas respiratorias da enfermidade. A MTBVAC é a única vacina candidata actual para substituír á BCG. Foi creada polo grupo de Carlos Simón, catedrático de microbioloxía da Universidade de Zaragoza. A implementación industrial de MTBVAC e os estudos clínicos os está a levar a cabo á biofarmaceútica galega Biofabri, do grupo Zendal. Actualmente estase a rematar a fase clínica 2a.
(22:46) Hai sospeitas de que tanto BCG, e por extensión MTBVAC, poderían proporcionar inmunidade cruzada contra a COVID. Esta hipótese está en estudo en macacos en Holanda. En poucos meses teremos os resultados. Conversamos con Carlos Simón e Esteban Rodríguez, director xeral de Biofabri.

(34:52) A chamada sorpresa da Avoa de Einstein apunta desta volta ao teléfono de Deborah García Bello.
(43:03) A Axencia Galega de Innovación, GAIN, ven de apoiar 8 proxectos galegos de innovación para loitar contra a Covid como resultado dunha convocatoria de emerxencia. Nolo conta a directora do Gain, Patricia Argerey.