Efer 616 (31-12-22): James Webb, o campión do ano [Efer Piano Bar 1]

Programa especial de fin de ano que realizamos con público desde o pub Airas Nunes de Santiago de Compostela coa participación dos nosos colaboradores Bibiana García Visos, Nacho Munilla, Susana Ladra, Borja Tosar e Pedro Piñeiro. Coa música ao vivo no piano de Juanjo Fernández. Contamos e cantamos a mellor ciencia de 2022. Este programa ten a súa continuación no programa de primeiro de ano.

Efer 615 (28-12-22): Descubrindo a Rof Codina

(1:30) Juan Rof Codina foi escollido pola Real Academia Galega de Ciencias como homenaxeado no día da Ciencia en Galicia 2022. A persoa que mais sabe de Rof Codina é o doutor en historia da veterinaria Diego Conde. Rof Codina foi todo un pioneiro na divulgación da veterinaria, creador da raza rubia galega e impulsor do cooperativismo agrario.
(16:48) Na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo da USC custódiase o fondo Rof Carballo. Amósanolo a súa directora Julia Cantalapiedra.
(23:55) Seguimos a coñecer a Rof Codina da man de Diego Conde
(35:53) Coñecemos ós tres monólogos vencedores do concurso “Ciencia Calidade” na voz dos seus creadores: Antonio Cagide, Uxía Yáñez e David García Dios.
http://www.efervesciencia.org

Efer 614 (25-12-22): Comportamento do can de palleiro

(1:48) Dramatizamos coas voces de Belén Regueira e César Goldi o relato “O derradeiro canto” de Abril Viqueira que resultou gañadora na categoría de escritores novos do concurso Inspiraciencia na edición de 2022.

(10:45) A doutora veterinaria Ángela González Martínez é especialista en medicina do comportamento animal no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina de Lugo. Con ela conversamos sobre o comportamento do can de palleiro, os trastornos de déficit de atención en cans, ansiedade por separación …

(30:29) No faladoiro “O algoritmo poeta” coas nosas colaboradoras Susana Ladra e Leonor Parcero analizamos o ChatGPT 3

Efer 613 (24-12-22): O ceo de Afaganistán brilla en Sobrado

(2:53) A arqueoastrónoma do INCIPIT-CSIC Andrea Ródriguez Antón estudou a orientación das cidades romanas na penísula ibérica en relación a fenómenos astronómicos. Tamén conversamos con ela sobre o proxecto de Amanar de divulgación astronómica cos refuxados saharauís.
(29:51) Maite Vence é especialista en Turismo Científico. Inauguramos sección na que coñeceremos diferentes rutas Observer. A primeira de elas, a ruta da camelia.
(36:47) Zora é avogada. Naceu en Afganistán. Agora vive en Sobrado coa súa familia acollida pola Asociación de Mulleres Rurais A Maristela. Xunto con Ángeles Sánchez, presidenta da Maritela, coñecemos como se teceu esta rede de acollida e solidariedade. Actualmente viven en Sobrado 4 familias afgás. Entre elas a de Elnaz, unha adolescente astrónoma amadora que chegou a Galicia grazas a implicación da comunidade astronómica.