Efer 529 (22-10-20): O obxecto supermasivo do interior da nosa galaxia é un burato negro?

(3:25) Jose Edelstein debulla para Efervesciencia todos os detalles do premio Nobel de Física 2020. Por que o comité Nobel fala de obxecto supermasivo no centro da nosa Galaxia e non de burata negro? Podería ter levado Penrose outro Nobel previamente? Que traballo compartiron Hawking e Penrose?
(27:45) Como ventila a nosa Bibiana García Visos a súa casa?
(37:49) Guia do Ceo de Outono con Martin Pawley e Irene Baspino. Sigue a danza cósmica de Xúpiter e Saturno que culminara o 21 de decembrol.
http://www.efervesciencia.org

Efer 528 (15-10-20): Unha nova mosca para a ciencia arma contra a cortadeira

(2:18) Un traballo asinado polos profesores da UdC Marta Vila e Jaime Fagúndez describe unha nova mosca descuberta en Galicia. Pero ollo, este insecto aliméntase das sementes da cortadeira da pampa. Poderá converterse nun arma contra esta invasora?
(22:58) Os revólveres Colt, Karajan e a normalización co profesor de contrucción da UdC Manuel Herrador.
(34:01) O traballo científico máis popular do catedrático de xenética da Universidade de Vigo Emilio Rolán non vai de caracois mariños a súa especialidade, senón un artigo sobre o coñecemento sobre a evolución dos universitarios galegos. No artigo de Plos One tamén colaborou Marta Vila xunto con outros investigadores.

http://www.efervesciencia.org

Efer 527 (8-10-20): Anticorpos de laboratorio contra a Covid

(2:08) A reprogramación de células adultas en células nai pluripotentes inducidas (iPSC) é unha realidade actual. Pero o proceso ten moi baixa eficiencia e mesmo pode dar lugar a tumores benignos nas células. Unha investigación dos grupos dos grupos de Epitranscriptómica e Envellecemento e de Células Nai e Enfermidades Humanas do CiMUS veñen de ganar o Premio de Investigación 2020 da Real Academia Galega de Ciencias por un artigo en Cell Stem Cell. Nel os investigadores dan conta do mecanismo dun esencial para estas transformacións. Conversamos co investigador de doutoramento Alejandro Fuentes.
(14:10) Se houbese un tratamento eficaz contra a Covid e fose creado utilizando experimentación con ratos de laboratorio habería que prohibilo? Isto non é unha ficción, unha recomendación da Unión Europea veta a creación de anticorpos monoclonais empregando estes animais. Hai proxectos que corren o risco de paralizarse. Esta semana unha carta en Nature Methods alerta que na actualidade non existen alternativas viables para a creación destes anticorpos de alta especifidade que teñan como obxecto curar doenzas en humanos. Un exemplo da utilidade destas investigacións é o tratamento que ven de recibir Donald Trump. Conversamos con África González sobre anticorpos monoclonais, e tamén sobre os novos test de antíxenos.
(38:08) Beatriz Díaz preséntanos a segunda edición dos Zendal Awards
(40:27) O fósforo é un elemento escaso nas estrelas. Unha investigación do Instituto Astrofísico de Canarias en colaboración co CIT da Universidade da Coruña atopou un pequeno grupo de estrelas na nosa galaxia cunha abundancia de fósforo que cuestiona os mecanismos de nucleosíntese actuais. Conversamos con Raúl Santoveña que gañou o premio de investigadores mozos da RAGC por este traballo que se publicou en Nature Communications.
http://www.efervesciencia.org

Efer 526 (1-10-20): “De lugares e órganos”: Música e ciencia entre tubos [versión estendida]

Os centos de tubos do órgano da Igrexa da Universidade dannos a escusa perfecta para falar de acústica, física, química, enxeñaría e evolución. E sobre todo para escoitar ao vivo as interpretacións da organista Erea Blanco. Conversamos con Belén Bermejo, comisaria de “Lugares e órganos”, Andrés Cea, organista e doutor en historia, e Andrés Díaz, músico e físico.
Programa especial con público de Efervesciencia para o ciclo “De lugares e órganos” do Concello de Santiago desde a Igrexa da Universidade. Versión estendida.
http://www.efervesciencia.org