Nov
6
2006
Ser investigador novo non é doado. Comentamos o futuro incerto dos investigadores doutores do programa Ramón y Cajal.
A outra cara da moeda é o programa María Barbeito para investigadores predoutorais. Convértense en contratos as antigas bolsas de 3º e 4º ano de doutorado que outorga a Xunta de Galicia. O 62% dos contratados son mulleres. Estarase invertendo a proporción entre investigadores varóns e investigadoras mulleres? Ou ao avanzar na carreira investigadora as mulleres seguirán desaparecendo nun burato negro?
Un dos actos centrais da Semana da Ciencia é unha tripla exposición sobre o Cerebro, da que son comisarios Casto Rivadulla, Xurxo Mariño -colaborador da Radio Galega nas Quimbambas, os martes sobre ás 18:00- Mabel Fraga e Rafa Sixto -especialista en historia da ciencia galega.

Casto Rivadulla e Xurxo Mariño na exposición “A Máquina de Crear Realidades” en Pontedeume.
No tempo da conversa falamos en directo con Casto Rivadulla sobre estas exposicións.

Como se establece o prezo do mexillón cando un barco con 15 toneladas de carga chega a porto?. Explícanolo na “Sección Aleatoria” Gonzalo Temperán, profesor de matemáticas do IES Otero Pedrayo da Coruña, e Eva Mondragón, de OPMEGA. Gonzalo Temperán emprega este exemplo da vida real para explicarlles conceptos matemáticos aos sus alumnos. Máis información en www.douspierre.es