Programa 19 (25-2-07): Ciencia combinatoria.

Noticia aparecida en Nature esta semana. Descóbrese que as reportaxes científicas do programa Aruaru Daijiten II A Enciclopedia da Realidade – da  canle nipoa KTV presentan feitos científicos falsos. Para isto dobran maliciosamente aos expertos estranxeiros que aparecen no programa. A estafa saltou logo dun programa sobre as propiedades adelgazantes do natto, un prato feito de soia fermentada. 

Alberto Coelho Cotón, investigador do programa Parga Pondal, falounos da III Reunión Ibérica de Ciencias Combinatorias celebrada estes días en Santiago. Coelho traballa na Unidade de Química Combinatoria do Instituto de Farmacia Industrial da Universidade de Santiago. 

Alberto Coelho e Miguel Ángel Bahamonde.

Alberto Coelho con Miguel Ángel Bahamonde, o noso técnico.

Na “Sección Aleatoria” volvemos falar do café descafeinado. É máis ou menos san que o café sen descafeinar?

Programa 18 (18-2-07): I Encontro de Investigadores Parga Pondal e Ramón y Cajal

É posible saber anticipadamente con fiabilidade se a vindeira campaña de pesca do polbo en Galicia vai ser boa? Na recente defensa da súa tese doutoral Jaime Otero presentou un modelo que permite facer predicións analizando o patrón de ventos. Ao aplicar este modelo a series históricas conséguese explicar a produción do polbo nun 90% dos casos.

O pasado venres celebrouse en Santiago o I Encontro de Investigadores Parga Pondal e Ramón y Cajal de Galicia. Conversamos con Eddy Sotelo da Asociación de Investigadores Parga Pondal sobre as inquedanzas dos investigadores experimentados galegos.

Eddy Sotela na Radio Galega.
Eddy Sotelo.

No concurso coñecemos algo da vida e obra do xeólogo Isidro Parga Pondal a partir dunha anécdota: en homenaxe a Parga Pondal bautizouse unha bolboreta endémica da Serra do Xistral como erebia triaria pargapondalense.

Erebia triaria pargapondalense por David Romero.
Erebia triaria pargapondalense por David Romero.

Programa 17 (11-2-07): Arqueoloxía de Etiopía a Boiro

Este é o selo que acaba de lanzar Correos para conmemorar o 100 aniversario da morte de Mensdeleyev, o pai da Táboa Periódica dos Elementos. O seu autor é o químico Javier García Martínez

Selo Mendeleyv

Conversamos con Xurxo Ayán sobre a arqueoloxía actual, e sobre unha recente expedición que realizou ao Nilo Azul (Etiopía-Sudán) para estudar a cultura Gumuz. Ademais de realizar unha investigación etnoarqueolóxia, os expedicionistas puxeron en marcha un museo etnográfico coa fin de evitar que a ameazada cultura Gumuz desapareza sen deixar rastro.

Sorprendeunos saber que os investigadores atoparon elementos semellantes aos da cultura castrexa. Froito desta expedición xurdiu a exposción fotográfica “Onde as rúas no teñen nome” que se pode visitar ata o día 25 de febreiro na Sala Isaac Díaz Pardo de Veterinaria en Lugo. Posteriormente montarase en Santiago.

Xurxo Ayán é investigador do Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmento dependente do CSIC e da Xunta de Galicia. Actualmente está rematando a súa tese doutoral sobre as escavacións do Castro de Neixón, das que é director. 

Xurxo Ayán na Radio Galega

Xurxo Ayán na Radio Galega.

Na Sección Aleatoria presentamos MendeleWeb. O xornalista Miguel Barral creou para os Museos Científicos Coruñeses este xogo interactivo no que os internautas poden asociar cada elemento da Táboa Periódica cun personaxe: dende o pato Donald ou Arsenio Iglesias ata Lavoisier.

 

 

Programa 16 (4-2-07): Ciencia e conciencia na USC (1900-1940)

Vénse de publicar o avance da III Enquisa Nacional sobre Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía encargado pola FCYT.

Malia unha superficial valoración positiva da ciencia por parte dos cidadáns, a enquisa desvela que nas cuestións prácticas e concretas o interese pola ciencia esfúmase.

A Ciencia e Tecnoloxía ocupan o posto 13 na lista de intereses dos españois. A primeira posición corresponde, por suposto, ó deporte. Os cidadáns tampouco consideran que se deba aumentar o gasto público en I+D. Os galegos somos ós menos “pro-científicos” de todo o Estado.

Chama a atención que os españois cren que os medios de comunicación non prestan unha atención suficiente a Ciencia.  En concreto, un 48% dos enquisados coidan que na radio non hai suficientes contidos de ciencia, fronte a un 31% que opinan que si.

Que pensan ó respecto os oíntes de Efervesciencia?

Ricardo Gurriarán na Radio Galega.

Ricardo Gurriarán.

 

“Ciencia e Conciencia na Universidade de Santiago (1900-1949). Do influxo institucionalista e a JAE á depuración do profesorado”  é o título da tese doutoral de Ricardo Gurriarán. A Universidade de Santiago ao comezo do século XX tiña todas as condicións para producir un premio Nobel en Ciencias: profesorado novo e innovador formado no estranxeiro, contactos  coa elite científica internacional, medios, participación da muller,…

A Guerra Civil e a Ditadura abortan durante décadas o florecemento científico da Universidade de Santiago. Algúns dos profesores depurados atopan acubillo nunha empresa creada polos irmáns Fernández en 1939: Zeltia.