Efer 533 (19-11-20): A revolución da químicas das moléculas individuais

(3:34) Nos “Paxaros na cabeza” de Nacho Munilla escoitamos os chíos do tordo malvís e o galo da braña. A primeira destas especies invernantes aliméntanse de bagas de acivro, que son tóxicas para os humanos.
(14:21) Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de conceder 34 axudas da prestixiosa e selecta convocatoria Synergy Grant. Un destes proxectos pretende explorar unha idea revolucionaria: a química das moléculas individuais. E precisamente un dos tres grupos de investigación que participan neste proxecto MolDAM (Dispositivos moleculares individuais por manipulación atómica) está liderado por Diego Peña do CIQUS-USC.
(40:05) Con “Suiseki” O enxeñeiro de telecomunicacións Daniel Pereira vén de gañar o concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña na categoría de adultos de relatos en galego. Locución de Anxo Quintela.

Efer 532 (12-11-20): Un “Eurofighter” do século XVI na ría de Ribadeo

(2:37) Para dominar o mundo global actual compre dominar o ciberespazo. Pero non esta non é a primeira época global da historia da humanidade. Entre os séculos XVI e XVIII a globalización era marítima, e quen se fixese co mar facíase co poder.
Os galeóns daquela son o equivalente aos avións de combate Eurofighter actuais. Do mesmo xeito que para fabricar un destes avións de combate precísanse fornecedores de múltiples países, para construír os galeóns as madeiras chegaban aquí de media Europa. A mellor conservada do mundo destas fabulosas máquinas de guerra do século XVI está uns poucos metros de profundidade no porto de Ribadeo. O galeón Santiago de Galicia ha ser o protagonista desta velada Efervescente co arqueólogo subacuatico Miguel San Clodio e a investigadora do Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC.

(34:29) O arqueólogo Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e o nuerocientífico Luís Martínez (Instituto de Neurociencia de Alacante) veñen de conseguir unha das altamente cotizadas Synergy Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) co proxecto “Mentes Materiais”. Este ambicioso proxecto é o maior experimento deseñado de cognición visual, e ten como premisa que o “as humanos facemos obxectos, e os obxectos fannos humanos”.
http://www.efervesciencia.org

Efer 531 (5-11-20): Clons que salvan árbores, clons para desenmascarar o virus da hepatite C

(3:00) O carballo das mentiras do campo da festa de San Miguel de Sarandón está enfermos. A poucos quilómetros de distancia un laboratorio garda fai medrar nun tubo de ensaio en clon desta árbore senlleira. Conversamos co xornalista e historiador Henrique Neira e coa investigadora do IIAG-CSIC Nieves Vidal.
(16:45) Juan Turnes, xefe de Gastroentoroloxia e Hepatoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, debúllanos o camiño de décadas de investigación que levaron a descubrir un novo virus da hepatite transmisible polo sangue e o seu tratamento Un dos protagonistas desta historia é Michel Hougton. Hougton traballaba para a empresa farmacéutica Chiron cando se propuxo identificar o virus que causaba a hepatite que non era A nin B. E aquí comezou a verdadeira guerra dos clons ou unha misión case imposible. O equipo de Hougton propúxose analizar fragmentos de ADN de sangue de chimpancés infectados poñéndoos en contacto con soro de doentes con anticorpos. O traballo foi inxente. Cambiaron de método mais de 30 veces en 8 anos, peneiraron 100 millóns de clons. Afortunadamente a farmacéutica mantivo o proxecto malia non ter resultados inmediatos. Finalmente deron cun único clon que tirando do fío resultou ser un novo virus descoñecido para a ciencia que bautizaron como o virus da hepatite C. Hougton xunto con Alter e Rice veñen de gaña o nobel de medicina polo descubrimento do virus da hepatite C.
(44:48) A secuenciación de milleiros de cepas do SARS-COV-2 permite reconstruír cadeas de propagación en España dos primeiros meses da epidemia da COVID. Daniel García Souto do CIMUS explícanos os resultados do consorcio Seq-COVID.
http://www.efervesciencia.org

Efer 530 (29-10-20): O CRISPR noso de cada día, con @lluismontoliu

(2:28) O nobel non recoñeceu o traballo de Francis Mojica. Por iso, pasadas unhas semanas da concesión do premio nobel de química 2020 ás tecnoloxías de edición xenómica CRISPR e boa ocasión para conversar con sosego e profundidade co investigador do CNB-CSIC Lluis Montoliu.
(36:11) Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar.
http://www.efervesciencia.org