Efer 583 (12-1-22): A estricnina, o cubo de Rubik dos químicos, amosa a revolución da organocatálise

(14:07) O premio Nobeld de quimica 2021 ganárono Benjamin List e David MacMillan polo desenvolvemento da organocatálise asimétrica. En 20 anos esta nova tecnoloxía ten revolucionado o mundo dos catalizadores, unha industria da que dependo un terzo do PIB mundial. A potencia da catálise asimétrica amósase na síntese da estricnina, o cubo de Rubik dos químicos orgánicos. Esta metodoloxía ten un rendemento 7000 veces maior que a síntese tradicional. Conversamos no CIQUS-USC co investigador científico do CSIC Fernando López, especialista en catálise asimétrica.
(4:18) Por que ao estar coa regra entran ganas de comer trapalladas coma unha lima? Mito ou realidade? Nolo conta Laura Veiga @PingandoG na súa sección de divulgación sobre o ciclo menstrual. Envíanos as túas dúbidas.
(0:40) e (39:00) O ano pasado o experimento muón g-2 do Laboratorio Nacional de Aceleradores Fermi, o FermiLAb, de Chicago fixo públicos os seus resultados da medida do momento magnético do muón. O resultado non cadra cos cálculos consensuados para esta magnitude polos teóricos. Isto podería significar que existen nova física ou novas partículas alén do Modelo Estándar. Ou non. A unha pequena colaboración de teóricos empregando un método alternativa semella que as contas cadran. En que rematará todo isto? Analizámolo con Carlos Salgado, director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxias (IGFAE).
http://www.efervesciencia.org

Efer 582 (1-1-22): A festa do clítoris e os papers falsificados. Cantamos a mellor ciencia do ano (Parte 2)

No programa especial de Anivovo seguimos a cantar, e contar, a mellor ciencia do ano grazas ao noso equipo de colaboradores: Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira “Wicho”, Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano desde o paraninfo da Universidade de Santiago.
Con Alberto Garcia Basteiro analizamos como se viviu desde África este ano de pandemia. Alberto García-Basteiro é investigador no Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal) e coordinador da área de investigación en tuberculose no “Centro de Investigação em Saúde” de Manhiça en Mozambique.
http://www.efervesciencia.org

Efer 581 (29-12-21): Proteínas e Intelixencia Artificial: Cantamos a mellor ciencia do ano (parte 1)

Programa especial de fin de ano. Desde o paraninfo da Universidade de Santiago repasamos a mellor, e peor ciencia do ando, da man dos nosos colaboradores Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira “Wicho”, Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano.
O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial José Santos da Universidade de A Coruña debulla para nós o achado científico do ano da revista Science.
http://www.efervesciencia.org

Efer 580 (25-12-21): O faro de Jocelyn e os sons do universo

Os sons tamén poden ser utilizados para divulgar o espazo, non todo van ser imaxes. O investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía (IAA-CSIC) Enrique Pérez Montero é cego. Para facer divulgación astronómica válese de son reais, sonificacións e musificacións. Este recurso é moi potente e inclusivo. Hai detalles que te perdes se non o escoitas, aínda que poidas ver.
A astrofísica Jocelyn Bell é a descubridora dos púlsares, unha sorte de estrelas-faro que emiten periodicamente ondas de radio. A historia da súa vida é fascinante. Coa colaboración de Martin Pawley entrevistamos na Coruña a Jocelyn Bell, un faro tamén para os astrónomos afeccionados que a convidaron a participar no seu XXIV Congreso Estatal de Astronomía. As voces da dramatización sonora corresponden a Victoria Pérez e César Goldi.
http://www.efervesciencia.org