Programa 42 (5-8-07): Origami.

De conto coreano a culebrón. En 2004 Hwang Woo-suk anunciou a obtención de células nai humanas polo método de transferencia nuclear, o mesmo sistema de clonación que se empregara coa ovella Dolly. A finais de 2005 descóbrese que é unha fraude, e a revista Science ten que pasar polo vergoña de retirar o artigo de Hwang. Sen embargo, esta semana publicouse no segundo número de Stem Cell Stem un traballo que desvela que Hwang si conseguiu obter a células nai, pero non por transferencia nuclear senón por partenoxénese. Parece ser que o coreano non tiña a tecnoloxía para saber o que tiña entre mans.

A palabra nipoa Origami e a de orixe grega papiroflexia comparten etimoloxía: dobrar papel. Estiveron connosco Teresa Otero, Mª Luz Díaz e Moisés Iglesias que forman parte do grupo galego da Asociación Española de Papiroflexia.

img_5132_1.jpg

Os profesores de matemáticas e tecnoloxía Teresa Otero e Moisés Iglesias.

Como pregar os paneis solares dun satélite de telecomunicacións para que non sufran danos no posta en órbita? No penúltimo número de Nature, hai tan so dúas semanas, apareceu un artigo de Ian Stewart sobre como a papiroflexia proporciona solucións no deseño de bens de consumo (pregado dun airbag, por exemplo) e na creación de novos materiais para a industria aeroespacial. A papiroflexia é un pasatempo, unha arte e tamén unha ciencia.

img_5134_2.jpg

Mª Luz Díaz.

O grupo de papiroflexia reúnese unhas horas cada dúas semanas en Santiago, e cada par de meses fan un encontro máis longo no que participa xente de toda Galicia. Se queres contactar con eles podes escribir a maluzd-aquí vai a arroba-gmail.com.

img_5134_1.jpg

O estudio da Radio Galega invadido por criaturas de papel.

Programa 42:

Programa 42

Programa 41 (29-7-07): Dunas.

Nace Belenus, unha plataforma galega de conexión a internet de banda larga funcionando con software libre e alimentada por enerxías renovables.

Cando imos á praia moitas veces non nos decatamos da diversidade de flora e fauna que hai nas dunas que enlazan os areais coa matogueira. De feito moitas veces non somos quen de identificar as dunas porque temos a idea preconcibida das grandes dunas do deserto ou das Corrubedo. Os sistemas dunares que podemos atopar en moitas praias galegas non responden a este estereotipo.

Tino Quintela da Federación Ecoloxista Galega amósanos como axudar a coñecer e coidar estes singulares ecosistemas. Quintela é coautor da exposición didáctica Dunas: Espazos únicos a conservar. A Federación Ecoloxista Galega invita a calquera asociación que desexe exhibir esta exposición a que se poña en contacto con eles.

No mundo existen unhas trinta grandes dunas que cando hai vento cantan  con voz de baixo emitindo notas musicais de baixa frecuencia. Na Sección Aleatoria escoitamos a música das areas e os intentos dos científicos de desentrañar este delicioso misterio.

Programa 40 (22-7-07): Parque eólico experimental.

O pasatempo deste verán non é sudoku, senón clasificar galaxias. Na web galaxyzoo.org tras un breve titorial podes pasar un bo rato decidindo se as imaxes capturadas polo Sloan Digital Sky Survey son galaxias elípticas ou espirais, e en que sentido xiran estas últimas. Un pasatempo para todas as idades.

Deste xeito axúdase aos astrónomos a verificar se, por exemplo, existen no universo tantas galaxias espirais que xiran no sentido das agullas do reloxo como no sentido contrario. De non ser así habería que revisar as bases da cosmoloxía actual.

Galaxia espiral en Galaxyzoo

Galaxia espiral que xira en sentido horario en Galaxyzoo.org.

No tempo da conversa falamos de muíños de vento tradicionais e dos modernos aeroxeradores con Manuel Díaz, responsable de divulgación de Sotavento. Díaz explícanos, entre outras cousas, porque nos parques eólicos os muíños xiran aínda que non haxa vento.

Visita a Sotavento.
Exteriores de Sotavento.

Pregunta do concurso: O 12 de decembro de 1901 Marconi realizou a primeira transmisión sen fíos transatlántica dende Cornualles ata Terranova. Cal foi o texto desta histórica emisión:

a) S

b) Heinrich Hertz (en honor ó pai das ondas de radio)

c) Deus forxounos (do Libro dos Números da Biblia)

 

Programa 38 (8-7-07): Xestión integrada do litoral.

O mundo cada día é máis pequeno. E non é unha frase feita. A última medida do planeta deu por resultado que o mundo é máis pequeno do que se coidaba. Exactamente 5 milímetros menos dun polo a outro. Obviamente, so un meticuloso equipo de investigación alemán podería realizar tal proeza xeodésica.
A medición exacta do diámetro da terra pode parecer un pasatempo científico. Pero non o é. Por exemplo sirve para calibrar os satélites altimétricos que miden as variacións no nivel do mar por efecto do cambio climático.

Recuperamos unha entrevista que lle fixemos a Joaquín Tintoré co gallo dunha conferencia que impartiu en Vigo. Tintoré é o director do IMEDEA, Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados, e experto en xestión integrada do litoral. Este prestixioso oceanógrafo físico aplica todo o coñecemento dispoñible para conxugar os intereses ambientais, sociais e económicos na xestión do litoral.

Joaquin Tintoré
Joaquin Tintoré.

Pregunta do concurso: a que equivale un quilovatio hora?

a.- Unha costeleta de cucho de 300 gramos

b.- Unha cunca de chocolate de 200 g

c.- 200 g de xamón serrán.

d.- Un cubata de whisky.