Efer 537 (17-12-20): Os microplásticos tamén contaminan os solos

Efer 536 (17-12-20): Os plásticos tamén contaminan os solos

(2:51) “Anafilaxe: Unha alexia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.
(13:27)

(13:27) Existe unha conciencia global da contaminación que supoñen os plásticos nos mares. O libro “Mare Plasticum. The plastic sea” é o primeiro que aborda este problema desde a perspectiva conxunta da arte e a ciencia. Os editores desta obra son os artistas plásticos Margarita Cimadevila e Wolfagang Treknat, e a investigadora Marilena Bianchi. O investigador Andrés Rodríguez Seijo foi pioneiro en demostrar que a presenza de plásticos tamén afecta a saúde dos solos ao estudar as miñocas de terra.

(43:20) O Fusobacterium semella un pasaxeiro inofensivo do noso microbioma que temos na boca, ou na vaxina. Pero malia a súa cara bonita, esta bacteria anda con moi malas compañas e iso agora sabemos que non é casualidade. Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira.
http://www.efervesciencia.org

Efer 536 (10-12-20): Detección temperá do iceberg de casos ocultos de covid cunha única PCR

(0:52) Faraday e o Gran Fedor
(5:27) O caganer é a figura máis importante dos beléns de 2020. Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólogos, matemáticos, químicos e enxeñeiros informáticos vén de validar unha metodoloxía que permite anticiparse dúas semanas á evolución da pandemia. A estratexia foi medir a carga viral mediante PCR das augas residuais da EDAR de Bens na que se recollen as augas da área metropolitana da Coruña (370.000 habitantes dos concellos de A Coruña, Oleiros, Culleredo, Cambre e Arteixo) e crear un modelo matemática que proporciona cun 90% de fiabilidade o número de persoas infectadas. Conversamos coa Margarita Poza (microbióloga no INIBIC e na UdC) e Ricardo Cao (catedrático de estatística e investigación operativa da UdC).
(32:29) Inauguramos sección efervescente: “O algoritmo mátame” con Susana Ladra (enxeñeira informática, directora do Campus Innova da UdC) e Leonor Parcero (xestora da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo e presidenta de Divulgacción). Unha parolada sobre as novísimas tecnoloxías desde o punto de vista técnico pero tamén de impacto na sociedade. Comezamos debullando as aplicación de rastrexo da Covid.
http://www.efervesciencia.org

Efer 535 (3-12-20): Dentro de #SemáforoCOVIDGalicia

(2:54) Recreación radiofónica de “Campo de espigas” coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos.
(13:53) Con Daniel González Peña @lipido, enxeñeiro bioinformático da Universidade de Vigo, creador de #semáforoCOVID e Saúl Ares @omeuxeito, investigador do CNB-CSIC, debullamos como interpretar correctamente os datos da pandemia (incidencia acumulada, razón de taxas, positividade,…)
(53:29) Presentación da campaña de micromecenado do libro “Esponxas do litoral de Galicia” en Goteo.org con Patricia Ramos de “Grupo de Estudo do Medio Mariño”.
http://www.efervesciencia.org

Efer 534 (26-11-20): Crean clons infectivos do SARS-COV-2 para producir variantes do virus no laboratorio.

(3:19) A Axencia Galega de Innovación financia con 3 millóns de euros 15 proxecto de investigación sobre a covid-19 que tiveron unha avaliación positiva na convocatoria de emerxencia do Instituto Carlos III, pero que non chegaron a ter financiamento. Conversamos coa directora da GAIN Patricia Argerey.
(10:45) O virólogo galego Luis Martínez Sobrido mudouse desde a Universidade de Rochester (Nova Iork) a Texas para traballar no Instituto de Investigacións Biomédicas desta cidade en febreiro de 2020. O que ía ser unha transición tranquila converteuse nunha carreira frenética de traballo no laboratorio. Neste tempo teñen creado clons infectivos do SARS-COV-2 que poidan ser manipulados no laboratorio como ferramenta para comprender mellor a covid. Por exemplo, o equipo do laboratorio de Martínez-Sobrido teñen creado virus do SARS-COV-2 fluorescentes. Tamén teñen creado ratos e hámster transxénicos que son uns primeiros modelos animais válidos para estudar esta doenza. As vacinas actuais teñen como diana a mesma proteína Spike do virus por iso necesitamos un plan B ante unha eventual mutación do virus, comentounos Martinez-Sobrido.
(43:08) Un dos proxectos financiados nesta convocatoria extraordinaria contra a covid da GAIN estuda se a nosa xenética inflúe en como nos infectamos. Conversamos con Federico Martinón, xefe de pediatría do CHUS:
http://www.efervesciencia.org