Ondas gravitacionais

Como sabe a terra a que distancia está o sol para sentir a súa atracción?

Pregunta aparentemente parva pero que non o é

Imaxe: ESA–C.Carreau

Imaxe: ESA–C.Carreau

O experimento LIGO vén de detectar as ondas gravitacionais xeradas polo choque de dous buratos negros hai 1300 millóns de anos. Todo un reto científico e tamén tecnolóxico.  Só estivemos preparados para medir ondas gravitacionais cando puidemos medir distancias menores á 10.000 parte dun núcleo atómico e e capacidade computacional para simular eventos extremos empregando as ecuacións da relatividade xeral.

Este descubrimento das ondas gravitacionais foi portada de tódolos xornais, e non é para menos. Cen anos despois da predición de Einstein abrimos unha nova xanela para coñecer o universo. O físico teórico e divulgador José Edelstein contextualiza para Efervesciencia este descubrimento. Sacade as sabas para simular o tecido espazo-tempo.

: