Obradoiro Comunicar Ciencia na Radio

Volvemos co obradoiro «Comunicar Ciencia na Radio» tras as boas valoracións das edicións anteriores. Este obradoiro está pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… e terá lugar o vindeiro sábado 11 de xullo no estudio 4 da Radio Galega en San Marcos. Os participantes poderán asistir a unha emisión en directo de Efervesciencia ás 15 horas (temos novo horario de verán)

Consulta as bases aquí. Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)radiogalega.es

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.