Obradoiro “Comunicar ciencia na radio”

Cartel-ciencia-na-radio-2017-copy

 

Un ano máis poñemos en marcha o obradoiro «Comunicar Ciencia na Radio». Este obradoiro está pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… e terá lugar o vindeiro venres 1 de decembro no estudio de radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Gravaranse contidos que se emitirán en Efervesciencia. A inscrición é gratuíta e as prazas son moi limitadas.

Consulta as bases aquí. Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)gmail.com. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto “Efervesciencia 17: X Aniversario” financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Economía, Industria y Competividad.

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.