Obradoiro “Comunicar a Ciencia na Radio”

sin-titulo-1

 

Un ano máis poñemos en marcha o obradoiro «Comunicar Ciencia na Radio». Este obradoiro está pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… e terá lugar o vindeiro venres 2 de decembro no estudio de radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Gravaranse contidos que se emitirán en Efervesciencia. A inscrición é gratuíta e as prazas son moi limitadas.

Consulta as bases aquí. Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)radiogalega.es. Esta actividade enmárcase dentro do
proxecto “Efervesciencia 16” financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Economía y Competividad.

Actualización 24-11-16: Completadas as prazas. As seguintes incricións quedarán como reserva.

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.