Nós

Efervesciencia é un dos programas de divulgación científica máis veteranos do dial en toda España. Naceu en outubro de 2006 da man de Manuel Vicente e polos seus micros xa pasaron ao redor de 1000 científicos.

En 2013 recibiu o mais importante galardón de divulgación que é o Prisma Casa das Ciencias concedido polos Museos Científicos Coruñeses e a FECYT. En ese mesmo ano foi escollido como “Prácticas inspiradora en Cultura Científica” pola FECYT.  Tamén mereceu en dúas ocasións o Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación da Xunta de Galicia (2º premio en 2008 e 1º premio en 2009).

Tense emitido programas desde praias, museos, bares, un barco oceanográfico, un cárcere, feiras da ciencia, xacementos arqueolóxicos, parques eólicos, festas de barrio, … e mesmo desde o CERN en dúas ocasións, o Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga, ou o SciCom Portugal desde Oporto.

Na actualidade Efervesciencia é producido pola Universidade de Santiago de Compostela grazas  ao patrocinio da FECYT-Ministerio de Economía e Competitividade, e emítese na Radio Galega os domingos ás tres da tarde.

Forman o equipo do programa o actor científico César Martínez “Goldi” e os colaboradores Rosa Pedrido, Irene Baspino, Martin Pawley, Javier Pedreira “Wicho” (Microsiervos), Borja Tosar, Esteban Fernández Moreira, Bibiana García Visos, David Ballesteros, Marta Vila, Déborah García Bello e Silvio Mendes (Asociación “Viver a ciencia“).