Preparando a Noite Efervescente e Astrogalicia 2016

Presentamos a Noite Efervescente e o Astrogalicia 2016, dúas actividades de astronomía para todos que han ter lugar no observatorio astronómico de Cotobade e no Náutico de Castrelo de Miño.

Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus «estreleiros», e no que participan as  Agrupacións Astronómicas “IO” e “Sirio“, e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña.

A Noite Efervescente 2016 terá lugar no observatorio de Cotobade o sábado 8 de outubro ás 22 h. Estades todos invitados.