Efer 576 (7-7-21): Biomateriais de descartes de tiburón. Premios á transferencia da RAGC

A semana pasada entregáronse os premios á transferencia tecnolóxica en Galicia2021 que convoca a Real Academia Galega de Ciencias co apoio do Gain, a Axencia Galega de Innovación. Neste monográfico de Efervesciencia coñeceremos os gañadores nas tres modalidades deste premio que recoñecen respectivamente ás investigacións aplicadas a cargo de grupos de investigación galegos con algo potencial de transferencia, os casos de éxito de grupos de investigación que conseguiron levar ó mercado ó seu coñecemento, e finalmente, o éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida. Deste xeito conversamos con Manuel Lemos, (catedrático de microbioloxía da USC do grupo de microbioloxía en acuicultura) (2:03), Pío González (Catedrático de física aplicada da Universidade de Vigo) (9:31) e Esteban Vázquez (Alice Biometrics) (32:43).

“Mitos e realidades da evolución para a xente común” é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC.
Na segunda colaboración Alba analiza a frase “A selección natural sempre actúa ao noso favor” coa participación catedrática de xenética da Universidade de Vigo Paloma Morán.