Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polo CO2: Verifican a hipótese do nobel de física 2021 seis décadas despois

(2:36) ] Historias de virus: “Habelos hainos” con César Muñoz Fontela. Un experimento naif do CDC, gatos contra febre de Lassa
En 2012 un virólogo galego afincado en Hamburgo viaxa por primeira vez a Nixeria para estudar o seu primeiro virus hemorráxico, o virus de Lassa.

(17:31) Unha metade do premio nobel de física deste ano 2021 correspondeu a Klaus Hasselmann e Syukuro Manabe pola “modelización física do clima da terra, a cuantificación da variabilidade e predición fiable do quentamento global” Debúllanos o que hai tras este nobel Juan Antoni Añel, profesor titular de Ciencias da Terra na Universidade de Vigo no campus de Ourense. Hai poucos meses Añel asinou cos seus colegas do grupo EphysLab en Environmental Research Letters un estudo altamente citado sobre a contracción da estratosfera polo incremento dos gases de efecto invernadoiro.
https://iopscience.iop.org/article/10.1088/1748-9326/abfe2b

(44:59) As paisaxes sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla]. Un estudo de Nature Communications da conta de como nos últimos 25 anos a perda de especies de paxaros e de número de individuos ten afectado a mais de 200.000 paisaxes sonoras de Europa e Norte América.
https://www.nature.com/articles/s41467-021-26488-1

http://www.efervesciencia.org