Efer 571 (6-10-21): O nobel emigrante que sobrevivía facendo horóscopos

(3:21) A astrofísica galega Olga Suárez traballa no observatorio astronómico de Niza en Francia. Este verán impartiu unha charla na Domus en A Coruña sobre mulleres astrónomas. Conversamos con ela e co noso estreleiro Martin Pawley.
(17:37) Debullamos o premio nobel de medicina ou fisioloxía con Félix Viana, investigador do Instituto de Nuerociencia de Alacante. Viana traballa nos receptores de presión e temperatura, e por iso coñece persoalmente aos galardoados David Julius e Ardem Patapoutian. Cando Patapoutian chegou emigrado a Estados Unidos desde o Líbano tivo que sobrevir facendo horóscopos en Armenio.
(45:35) Lembramos a Paco Franco, director do Aquarium Finisterrae, tristemente finado da man do director dos Museos Científicos Coruñeses Marcos Pérez.
http://www.efervesciencia.org