Efer 565 (24-6-21): Moncho Núñez, premio de divulgación da RAGC

(2:02) “Atragoamento, tusir e Heimlich”, Terceira entrega da sección “Saber por se acaso” dedicada aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala e Antonio Rodríguez (USC).

(15:44) Sempre vale a pena escoitar as reflexións do divulgador Ramón Núñez. Nesta ocasión aproveitamos a concesión do I Premio de Divulgación da Real Academia Galega de Ciencias para conversar co creador dos Museos Científicos Coruñeses.

(34:36) Estreamos sección con Laura Veiga, pingando.gal, sobre o ciclo menstrual respondendo a cuestión de se se pode predicir a primeira regra.
http://www.efervesciencia.org