Efer 564 (17-6-21): O tesouro ecolóxico da Serra do Careón e a autovía A-54

(2:09) Facemos un trávelin-sonoro-botánico co investigador Roi Carballal do Grupo de Análise e Conservación da Biodiversidade da USC desde os seus invernadoiros ata o laboratorio da Facultade de Farmacia atravesando o campus sur da universidade compostelá. Atopámonos tamén co botánico Tino Quintela. Coñecemos o proxecto de estudo das plantas endémicas dun ecosistema tan singular como os chans serpentínicos da Serra do Careón. Un ecosistema afectado pola autovía A-54.

(31:36) O proxecto de ciencia cidadá GaliciaBMS recolle datos de bolboretas a partir de paseos de voluntarios polo campo. Falamos con Marta Vila e Lorena Rilo da UdC e con Saba González que coordina BMS en Galicia.
http://www.efervesciencia.org