Efer 562 (3-6-21): Sen a ciencia de datos non podes gañar ao fútbol

(4:11) Martin Pawley danos todas as claves para eclipse solar do 10 xuño. Á única nesta década que caerá en horario lectivo.

(18:29) Ezequiel Rey, investigador do grupo REMOSS  na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, é especialista en datos de deportes colectivos, especialmente o fútbol. Para as súas investigacións dispón dos datos exclusivos que rexistra o sistema multicámara da Liga Nacional de Fútbol Profesional. Como inflúe a idade no rendemento dun futbolista? Cal é o mellor minuto para cambiar os xogadores? Como avaliar o rendemento dos futbolistas? Estas son algunhas das preguntas sobre as que pesquisa o noso convidado.

(44:03) Acompañamos a Jenifer Espadasín, Berta Rial e Carmen Bouzas do proxecto de divulgación da ciencia de datos “StatWars: O imperio dos datos” da rede Biostatnet a un sesión coa rapazada do IES de Sar en Santiago de Compostela.

www.efervesciencia.org