Efer 550 (11-3-21): Científica ou nai?

2:37 Jimena Fernández de la Vega foi unha investigadora pioneira en moitos ámbitos. Foi das primeiras licenciadas da USC, investigadora no estranxeiro e das introductoras da xenética moderna en España. A Real Academia Galega de Ciencias decidiu homenaxear neste 2021 a figura de Jimena. Anxela Bugallo é a biógrafa de Jimena Fernández de la Vega no Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
18:23 María de la Fuente dirixe o grupo de Nanooncoloxía e Terapéutica Traslacional do IDIS e Alexandra Lago é investigadora do departamento de xeociencias da Universidade de Vigo. María e Alejandra teñen en común que son nais e investigadoras. Aínda hoxe teñen ambas teñen sufrido convocatorias que penalizan o tempo de maternidade nas súas carreiras científicas. Conversamos con elas da man de Joana Magalhaes, a noso colaboradora especialista en muller e ciencia.
39:02 Historias de virus: Habelos hainos. O VIH. Con César Muñoz Fontela. Os primeiro casos da Sida detectáronse en Estados Unidos, o virus identificouse en Francia, pero a verdadeira orixe deste virus está en África a principios do século XX.