Efer 539-540 (1-1-21) Contamos e cantamos un ano de ciencia [Parte 1]

Versión estendida da primeira parte do programa especial de aninovo, que se emitiu o 1 de xaneiro de 2020.
Sen dúbida as vacinas son o achado científico do ano. Falaremos delas coa catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África Gónzalez. Pero tamén abordaremos a outra ciencia que se fixo no intenso 2020. Fieis a nosa tradición tomaremos como referencia a escolma que fai a revista Science anualmente e os persoeiros que escolle Nature. Teremos tempo para contarche historias emocionantes, achados que cambian as nosas vidas, descubrimentos que fascinan o escoitalos. Tamén trataremos o bo e malo que houbo no mundo da ciencia nestes últimos 365 días, pero como estamos comezando un novo ano e gústanos a festa haberá ocasión de probar as habilidades cantoras dos noso equipo efervescente.
Para todo isto contamos coa nosa tripulación titular de colaboradores científicos que nos atenden desde Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense: Marta Vila, Irene Baspino, Martin Pawley, Rosa Pedrido, Borja Tosar, Deborah García Bello, Leonor Parcero, Wicho, Joana Magallaes, Susana Ladra e Nacho Munilla. Equipo que se complementa con César Goldi e o pianista Juanjo Fernández, e con Dosi Veiga, editor de Ceos Galegos.