Efer 534 (26-11-20): Crean clons infectivos do SARS-COV-2 para producir variantes do virus no laboratorio.

(3:19) A Axencia Galega de Innovación financia con 3 millóns de euros 15 proxecto de investigación sobre a covid-19 que tiveron unha avaliación positiva na convocatoria de emerxencia do Instituto Carlos III, pero que non chegaron a ter financiamento. Conversamos coa directora da GAIN Patricia Argerey.
(10:45) O virólogo galego Luis Martínez Sobrido mudouse desde a Universidade de Rochester (Nova Iork) a Texas para traballar no Instituto de Investigacións Biomédicas desta cidade en febreiro de 2020. O que ía ser unha transición tranquila converteuse nunha carreira frenética de traballo no laboratorio. Neste tempo teñen creado clons infectivos do SARS-COV-2 que poidan ser manipulados no laboratorio como ferramenta para comprender mellor a covid. Por exemplo, o equipo do laboratorio de Martínez-Sobrido teñen creado virus do SARS-COV-2 fluorescentes. Tamén teñen creado ratos e hámster transxénicos que son uns primeiros modelos animais válidos para estudar esta doenza. As vacinas actuais teñen como diana a mesma proteína Spike do virus por iso necesitamos un plan B ante unha eventual mutación do virus, comentounos Martinez-Sobrido.
(43:08) Un dos proxectos financiados nesta convocatoria extraordinaria contra a covid da GAIN estuda se a nosa xenética inflúe en como nos infectamos. Conversamos con Federico Martinón, xefe de pediatría do CHUS:
http://www.efervesciencia.org