Efer 527 (8-10-20): Anticorpos de laboratorio contra a Covid

(2:08) A reprogramación de células adultas en células nai pluripotentes inducidas (iPSC) é unha realidade actual. Pero o proceso ten moi baixa eficiencia e mesmo pode dar lugar a tumores benignos nas células. Unha investigación dos grupos dos grupos de Epitranscriptómica e Envellecemento e de Células Nai e Enfermidades Humanas do CiMUS veñen de ganar o Premio de Investigación 2020 da Real Academia Galega de Ciencias por un artigo en Cell Stem Cell. Nel os investigadores dan conta do mecanismo dun esencial para estas transformacións. Conversamos co investigador de doutoramento Alejandro Fuentes.
(14:10) Se houbese un tratamento eficaz contra a Covid e fose creado utilizando experimentación con ratos de laboratorio habería que prohibilo? Isto non é unha ficción, unha recomendación da Unión Europea veta a creación de anticorpos monoclonais empregando estes animais. Hai proxectos que corren o risco de paralizarse. Esta semana unha carta en Nature Methods alerta que na actualidade non existen alternativas viables para a creación destes anticorpos de alta especifidade que teñan como obxecto curar doenzas en humanos. Un exemplo da utilidade destas investigacións é o tratamento que ven de recibir Donald Trump. Conversamos con África González sobre anticorpos monoclonais, e tamén sobre os novos test de antíxenos.
(38:08) Beatriz Díaz preséntanos a segunda edición dos Zendal Awards
(40:27) O fósforo é un elemento escaso nas estrelas. Unha investigación do Instituto Astrofísico de Canarias en colaboración co CIT da Universidade da Coruña atopou un pequeno grupo de estrelas na nosa galaxia cunha abundancia de fósforo que cuestiona os mecanismos de nucleosíntese actuais. Conversamos con Raúl Santoveña que gañou o premio de investigadores mozos da RAGC por este traballo que se publicou en Nature Communications.
http://www.efervesciencia.org