Efer 513 (7-5-20): Test disruptivo do coronavirus: a investigación de urxencia que xurdiu hai 3 décadas

(2:33) O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico de laboratorio sen necesidade de termocicladoras. Mesmo nunha segunda fase podería ser implementado en dispositivos tipo o “predictor” dos embarazos
Este é o titular, pero esta idea disruptiva de test é o resultado de 3 décadas de investigacións onde aparecen os nomes de Margarita Salas, da polimerasa do fago Φ29 e o do galego Luis Blanco Davila. “O sombreiro seleccionador de [Luis] Enjuanes levoume a Margarita [Salas]” contounos o profesor de investigación do CSIC no Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” Luis Blanco. Repasamos a carreira investigadora do profesor Blanco no mundo das polimerasas para disecionar como, nun contexto de emerxencia, aparece a idea de crear unha nova tecnoloxía de detección viral. Metémonos na mente do investigador para comprender en tempo real como se produce a ciencia nesta pandemia.
Este proxecto de test viral disruptivo foi presentado polo Centro Nacional de Biotecnoloxía “Severo Ochoa” e o Centro Nacional de Investigación Oncolóxicas (Grupo de Felipe Cortés) coa participación da empresa 4BaseBio.

A versión completa da entrevista a Luis Blanco é esta:

(32:46) Publican en febreiro de 2020 un libro ciencia-humor sobre catástrofes globais para “cuñados premium” (Avoa dixit) e acertan cunha pandemia global causada por un virus respiratorio provinte dun animal. O libro é “14 maneras de destruir la humanidad” (Next Door Publishers) e falamos cun dos seu autores, o divulgador Daniel Arbós.


(46:58) A Avoa de Einstein cun teléfono na man non hai quen a pare. Esta vez tocoulle ao divulgador Xurxo Mariño .