Efer 489 (16-10-10): Un cabaliño do demo en Titán e outras historias do Astrogalicia

Programa monográfico no Astrogalicia 19 en Castrelo de Miño.

En compaña dos nosos amigo astrónomos viaxaremos nun vira a vira ó xélido Titán montados nun cabaliño do demo, faremos unha excursión por Marte e inmortalizaremos fotograficamente un burato negro. Con Alejandro Sánchez de Miguel da Universidade de Exeter, Marcos Álverez Merinero (Sociedad Astronómica Asturiana), Matin Pawley, Scot Rafkin (Planetary Atmospheres and Surfaces Department of Space Studies, Southwest Research Institute Boulder), Jorge Pla (CSIC-INTA), Raquel Fraga (grupo BlackHoleCam do departamento de Astrofísica de Radboud Universiteit, Países Baixos), Martin Pawley, Denébola e Dosi Veiga.