Na nosa introdución, o recoñecemento facial é o plutonio da Intelixencia Artificial (0:30)
Con Marcos Pérez coñecemos a previa do XXIV Día da Ciencia na Rúa (3:45).
Vivimos nun océano de datos persoais e médicos, se non queremos afogar teremos que botar man da ética. Conversamos coa subdirectora da Observatorio de Bioética e Dereito da Cátedra Unesco da Universidade de Barcelona Itziar de Lecuona (10:13).
Mito caído en Xian
Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucentes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coincidencia. (33:57)