Efer 471 (27-3-18): Xenoma inestable para loitar contra o cancro

Como non reparar o xenoma pode axudar contra o cancro con @KP_twitt_llo

Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación que se fan inviables.

Con Capetillo tamén conversamos sobre envellecemento e inestabilidade xenómica, e de como abrir novas vías de ataque a un cumio inexplorado: o tratamento da ELA.

Debullamos os 737 MAX

Wicho explícanos polo miúdo que se cre que pasou nos accidentes dos Boing 737 MAX.

A técnica de laboratorio e o elemento 87

Marguerite Perey comezou traballando no Instituto do Radio de Marie Curie como técnica de laboratorio. Co paso do tempo acabaría sendo a “filla adoptiva” de Curie e descubrindo o elemento 87 da táboa periódica. Unha nova entrevista no Alén, con Rosa Pedrido (Fonte principal: “Marguerite Perey, la otra hija de Marie Curie” de César Tomé en “Mujeres con Ciencia“)

A %d blogueros les gusta esto: